Cordilleira Americana
Tipo | sistema montañoso | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Cinto de lume do Pacífico | |||
Situado na entidade xeográfica | América do Norte e América do Sur | |||
| ||||
Composto por | North American Cordillera (pt) Cadeas montañosas da costa do Pacífico Columbia Mountains (en) Montañas Rochosas Serra Madre Oriental Serra Madre do Sur Serra Madre Occidental Sierra Madre de Oaxaca (en) Serra de Talamanca Montanhas de Santo Elias (pt) Cordilheira do Alasca (pt) Cordilheira Central (pt) Sierra Madre de Chiapas (pt) Mackenzie Mountains (en) Andes Brooks Range (en) Serra Nevada Andes Fueguinos (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 6.962 m | |||
Punto máis alto | Aconcagua (6.961 m ) | |||
Atravesa | Canadá, Estados Unidos de América, Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile, México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica e Panamá | |||
Material usado | rocha sedimentaria Rocha magmática rocha volcánica Rocha metamórfica | |||
A Cordilleira Americana é unha cadea de cordilleiras que consiste nunha secuencia case continua de cordais que forman a "columna vertebral" occidental de Norte, Sur e Centroamérica.[1] É tamén o eixe do arco volcánico que forma a metade oriental do cinto de lume do Pacífico.
Descrición
[editar | editar a fonte]América do Norte
[editar | editar a fonte]As montañas da Cordillera dende México cara ao norte coñécese colectivamente como Cordilleira Norteamericana.
Dende o norte ao sur, esta secuencia de cordais parelos e sobrepostos comeza coa Cordilleira de Alasca e a Cordilleira Brooks en Alasca e segue por Yukón e a Columbia Británica. O cinto principal das Montañas Rochosas xunto coas paralelas Montañas de Columbia e as cadeas da costa do Pacífico de montañas e illas continúan pola Columbia Británica e a illa de Vancouver. Nos Estados Unidos, as ramas da Cordilleira inclúen as Montañas Rochosas, a Seerra Nevada, as Cascades, e varias pequenas cordilleiras litorais. En México, a Cordillera continúa pola Serra Madre Occidental e a Serra Madre Oriental, así como nas montañas vertebradoras da Península de Baja California.
América do Sur
[editar | editar a fonte]A Cordilleira continúa polos cordais de América Central en Guatemala, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, e devén nas montañas dos Andes en América do Sur. Os Andes coas súas cadeas paralelas e as cadeas nas illas da costa de Chile continúa por Colombia, Venezuela, Ecuador, o Perú, Bolivia, a Arxentina e Chile ata o punto máis meridional do continente na Terra do Fogo. A Cordilleira continúa aínda ao longo do Scotia Arc antes de alcanzar as montañas da península Antártica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historical Geology Notes - The Breakup of Pangea and Deformation in the Western Cordillera". Long Island University, C.W. Post Campus faculty website. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2011.
- ↑ "The North American Cordillera: A Color Shaded-Relief Map in Oblique Mercator Projection About the Pacific-North America Pole of Rotation, Scale Circa 1:5,000,000". pubs.usgs.gov. Consultado o 26 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Silberling, N.J. et al. (1992). Lithotectonic terrane map of the North American Cordillera [Miscellaneous Investigations Series I-2176]. Reston, Va.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.