Conversa:Raposo de orella curta
Aparencia
Plural
[editar a fonte]Orellas hai dous. Non será mellor de orellas curtas? Sería distinto de cola curta, porque cola só hai unha.--Miguelferig (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 01:09 (UTC)
- Parece lóxico, si. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2016 ás 10:55 (UTC)
- Sexa unha ou outra ten que contar con referencias, e o artigo non as ten.--HacheDous=0 (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 10:59 (UTC)
- As referencias que hai por internet semellan páxinas clon da Galipedia, o nome parece iniciativa dun galipedista polo que seguindo as normas hai que movelo ao nome científico.--HacheDous=0 (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 11:03 (UTC)
- Sexa unha ou outra ten que contar con referencias, e o artigo non as ten.--HacheDous=0 (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 10:59 (UTC)
- Si, creo que o editor que fixo a páxina debeu basearse no nome en castelán e portugués: zorro de orejas cortas (entre outros) e raposa de orelhas pequenas (entre outros). Ademais outras linguas teñen denominacións similares: volpe dalle orecchie corte (italiano), Renard à petites oreilles (francés), Guineu d'orelles petites (catalán), short-eared dog (inglés), Kurzohrfuchs (alemán, de kurz, 'curto', ohr 'orellas' e fuchs 'raposo') etc. Ademais o nome científico é microtis (orellas pequenas). Tendo en conta tanta coincidencia non me parece disparatado o nome elixido (agás o asunto do plural), pero seguen faltando as referencias en galego, claro.--Miguelferig (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 13:12 (UTC)