Consoante fricativa
Aparencia
Unha consoante fricativa é un tipo de consoante na que dous órganos están moi próximos un do outro, sen chegar a formar unha oclusión, que permite ao aire pasar por entre eles xerando un ruído turbulento. Poden clasificarse en sibilantes ou non sibilantes, en función de se a lingua está curvada ou non.
En galego existen os seguintes fonemas fricativos:
- /f/: fricativa labiodental xorda
- /θ/: fricativa dental xorda
- /s/: fricativa alveolar xorda (normalmente é apical)
- /ʃ/: fricativa prepalatal xorda
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Celdrán, E. (2002): O son na comunicación humana. Vigo, Ed. Galaxia.