Saltar ao contido

Coyoacán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCoyoacán
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°21′00″N 99°09′44″O / 19.35, -99.1622Coordenadas: 19°21′00″N 99°09′44″O / 19.35, -99.1622
EstadoMéxico
Entidade federativaCidade de México Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación614.447 (2020) Editar o valor en Wikidata (11.294,98 hab./km²)
Xeografía
Superficie54,4 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.256 m-2.253 m Editar o valor en Wikidata
Creación1928 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal04000–04980 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webcoyoacan.cdmx.gob.mx Editar o valor en Wikidata
Xardín Hidalgo.

Coyoacán é unha das 16 delegacións da Cidade de México e atópase no centro xeográfico deste. O seu territorio abrangue máis de 54 quilómetros cadrados, e está localizado sobre a chaira do val de México. A parte máis alta corresponde ó cerro Zacatépetl, no suroeste da delegación, onde tamén se atopa a zona de Los Pedregales. Todo o territorio coyoacanense está urbanizado. Dentro del atópanse importantes zonas verdes como a Cidade Universitaria e os viveiros de Coyoacán.

Na época precolombiana, unha parte do territorio coyoacanense estaba baixo o lago de Texcoco e Xochimilco. Durante o Preclásico Medio desenvolvéronse na zona algunhas aldeas agrícolas, entre as que destaca Copilco polos testemuños dos costumes funerarios da época.

No momento da chegada dos españois, Coyoacán formaba parte da esfera de influencia de Tenochtitlán. Despois da Conquista, estableceuse alí o primeiro concello e sede do goberno do Vicerreinado de Nova España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]