CG-2.2
CG-2.2 Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte de Lemos | |
---|---|
CG-2.2 ao seu paso por Sarria | |
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía de altas prestacións |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 44,99 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-6 Nadela |
Fin | VG-2.1 Monforte de Lemos |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
A CG-2.2 ou Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte de Lemos[1][2] (na provincia de Lugo), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Nadela (Lugo) e Monforte de Lemos; atravesa os concellos de Lugo, O Corgo, O Páramo, Sarria, O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos. Ten unha lonxitude de 44,99 quilómetros (13,5 quilómetros entre Nadela e A Pobra de San Xiao e 31,49 quilómetros entre Sarria (centro) e Monforte de Lemos) e iníciase nun cruzamento coa N-6 en Nadela (Lugo) e finaliza nun cruzamento coa VG-2.1 en Monforte de Lemos.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na rotonda da estrada nacional N-6 no lugar de Nadela (concello de Lugo), coas conexións ás autovías A-6 e A-54 e á estrada LU-546. Na rotonda da N-6, as direccións, un ao oeste a Lugo e outro ao leste ao Corgo, para a autovía A-6 con dirección a Lugo, A Coruña e Madrid, para a autovía A-54 con dirección a Santiago de Compostela e para a estrada LU-546 con dirección á Pobra de San Xiao. Seguindo á ligazón da estrada LU-P-1608 con direccións, un ao norte ao lugar da Campa (concello do Corgo) e outro ao sur ao lugar do Fental (mesmo concello), no lugar de San Fiz (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-1611, coas direccións, un ao oeste ao lugar de Camposo (mesmo concello) e outro ao leste ao lugar das Casetas (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-4304, coas direccións, un ao oeste ao lugar do Piqueiro (concello do Páramo) e outro ao leste á parroquia de Pobra de San Xiao (concello de Láncara), e chegando ao momento final do corredor coa conexión á autovía AG-22 con dirección a Sarria.
Coa final da autovía AG-22 no oeste de Sarria, seguindo á ligazón da estrada LU-633 con dirección a Sarria, seguindo á ligazón da estrada LU-546, con direccións, un ao norte a Sarria e outro ao sur ao lugar de Callás (concello de Sarria) no lugar de Lamarrigueira (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-546, con direccións, un ao norte ao lugar de San Pedro (mesmo concello) e outro ao sur ao lugar do Oural (mesmo concello), no lugar do Oural, seguindo á ligazón da estrada LU-546, con direccións, un ao norte ao lugar de Santa Cruz do Oural (concello do Incio) e outro ao sur ao lugar do Túnel (mesmo concello), no lugar do Túnel. Seguindo á ligazón da estrada LU-644 con direccións, un ao oeste ao lugar de Pacio do Río (concello de Bóveda) e outro ao leste ao lugar de Codesido (concello do Incio), na parroquia de Rubián (concello de Bóveda), seguindo á ligazón da estrada LU-652 con direccións, un ao norte a Bóveda e outro ao sur á Estación da Pobra do Brollón, no leste de Bóveda, seguindo á ligazón da estrada LU-546 con direccións, un ao norte ao lugar dos Ramos (concello de Monforte de Lemos) e outro ao sur ao norte de Monforte de Lemos, no lugar do Campo (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-3202 con direccións, un ao norte ao lugar das Devesas (mesmo concello) e outro ao sur ao norte de Monforte de Lemos e remata na rotonda da VG-2.1 coa estrada LU-617, para a VG-2.1 vai coa dirección a Lalín a través do corredor de Monforte de Lemos-Lalín e para a estrada LU-617, un ao oeste ao lugar da Trincheira (mesmo concello) e outro ao leste ao noroeste de Monforte de Lemos.
Historia
[editar | editar a fonte]A estrada LU-546 era unha das máis transitadas da provincia de Lugo, cunha intensidade media diaria de vehículos (IMD) que superaba os 11.000 vehículos diarios. Ademais, o paso polas localidades convertíaa nunha vía perigosa. Por ese motivo a Xunta de Galicia iniciou as obras de construción do corredor CG-2.2, no tramo inicial da variante de Sarria, en abril de 2005,[3] unha vía de altas prestacións co mesmo percorrido pero evitando o paso polo centro das localidades, exercendo de variante das mesmas.
En decembro de 2008[4][5] inaugurouse o primeiro treito, entre a rotonda de Nadela e Sarria (sur), que supoñía a redución dos tempos de viaxe entre Lugo e Sarria a 20 minutos. As obras continuaron cara ao sur e en outubro de 2012[6][7][8] inaugurouse un novo de treito de 7 quilómetros ata o concello do Incio. En outubro de 2015[9][10][11][12] abriuse o treito entre Bóveda e Monforte de Lemos, completándose o corredor coa inauguración do treito entre O Incio e Bóveda en novembro de 2015.[13][14][15][16]
Treitos
[editar | editar a fonte]Tramos orixinais CG-2.2
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
CG-2.2 | N-6 Nadela - LU-546 Sarria (sur) | 26,8 | 2008[4][5] |
CG-2.2 | LU-546 Sarria (sur) - LU-546 O Incio | 7 | 2012[6][7][8] |
CG-2.2 | LU-546 O Incio - LU-652 Bóveda | 9 | 2015[13][14][15][16] |
CG-2.2 | LU-652 Bóveda - VG-2.1 Monforte de Lemos (norte) | 11,7 | 2015[9][10][11][12] |
Conversión en AG-22
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
AG-22 | A Pobra de San Xiao - Sarria (centro) Tramo: A Pobra de San Xiao - Sarria (centro) (sentido Sur) Subtramo: A Pobra de San Xiao - Sarria (norte) (sentido Norte) Subtramo: Sarria (norte) - Sarria (centro) (sentido Norte) |
9,7 8,5 1,2 |
2022[17][18][19] 2022[20][21][22] 2022[17][18][19] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Fin a una espera de 15 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2005.
- ↑ 4,0 4,1 "La esperada apertura al tráfico del corredor acerca Lugo y Sarria al reducirse a la mitad el tiempo de viaje actual". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2008.
- ↑ 5,0 5,1 "Sarria y Lugo están un poco más cerca tras la apertura del corredor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 "Feijóo destaca a posta en funcionamento, nesta lexislatura, de 100km de vías de alta capacidade, "un terzo do total na provincia de Lugo"". Consultado o 26 de outubro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 "El tramo del corredor abierto ayer permite adelantar en el 50% de sus siete kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2012.
- ↑ 8,0 8,1 "Lugo y Sarria se acercan a Monforte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2012.
- ↑ 9,0 9,1 "Feijóo asegura que grazas ao novo treito que une Bóveda con Monforte a circulación a través do sur da provincia de Lugo será máis segura e confortable". Consultado o 23 de outubro de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 "Abiertos al tráfico cerca de 12 kilómetros del corredor de Monforte a Sarria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ 11,0 11,1 "Monforte y Lugo estarán unidos por corredor el mes que viene". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ 12,0 12,1 "La Xunta vincula los accesos al puerto seco a que haya empresas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ 13,0 13,1 "Ábrese ao tráfico o treito de 9 quilómetros entre enláceo do Incio e Bóveda que completan a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte". Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ 14,0 14,1 "La apertura del corredor deja Lugo a treinta minutos de Monforte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2015.
- ↑ 15,0 15,1 "Monforte y Lugo, a treinta minutos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2015.
- ↑ 16,0 16,1 "<<Monforte queda servido por una temporada>>, dicen los empresarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2015.
- ↑ 17,0 17,1 "A Xunta porá en servizo desde mañá un treito da nova autovía Nadela-Sarria desde o enlace da Pobra de San Xiao ata o de Sarria centro". Consultado o 27 de outubro de 2022.
- ↑ 18,0 18,1 "Primer tramo de autovía Lugo-Sarria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ 19,0 19,1 "La autovía Nadela-Sarria abre al tráfico los primeros 9 kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ "Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa vertebración interior de Galicia coa apertura do primeiro tramo da autovía Nadela-Sarria tras un investimento de 25 M€". Consultado o 23 de novembro de 2022.
- ↑ "Once kilómetros de autovía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2022.
- ↑ "La autovía entre Sarria y A Pobra de San Xiao abre en ambos sentidos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2022.