3 de xaneiro
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 3 de xaneiro é o 3º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 362 días para finalizar o ano, 363 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1496 - Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora.
- 1521 - O papa León X excomunga a Martiño Lutero.
- 1569 - Chega a Padul (Granada) Íñigo López Mendoza, gobernador de Granada, cun exército de 2.000 infantes e 400 cabalos para emprender campaña contra os mouriscos rebelados.
- 1642 - Apróbase a Grande Amoestación, acta de acusación do Parlamento contra Carlos I, rei de Inglaterra.
- 1739 - Comeza a convención do Pardo para resolver as disputas anglo-españolas.
- 1749 - Sae a rúa o xornal danés Berlingske Tidende, decano da prensa diaria universal.
- 1777 - Batalla de Princeton. O xeneral estadounidense George Washington derrota ó británico Charles Cornwallis.
- 1795 - Rusia e Austria firman un acordo para a repartición de Polonia.
- 1815 - Austria, Gran Bretaña e Francia forman unha alianza defensiva secreta contra Prusia e Rusia.
- 1823 - Instálase en Cartago a Segunda Xunta Superior Gobernativa de Costa Rica.
- 1831 - Inaugurase a Escola de Tauromaquia de Sevilla.
- 1833
- Gran Bretaña gaña o control das Illas Malvinas.
- Un decreto do goberno da provincia de Buenos Aires declarou cidade a vila de Belgrano, un dos actuais barrios populosos da Capital Federal.
- O HMS Beagle, con Charles Darwin a bordo, chega a Terra do Fogo.
- 1847
- O reino de Suecia e Noruega recoñece a independencia da Arxentina.
- A vila de Yerba Buena, California, cambia o seu nome polo actual de San Francisco.
- 1851 - Establécese o monopolio de licores por parte do estado de Costa Rica.
- 1857 - Acoitelado o arcebispo de París, monseñor Sibour, mentres oficiaba nunha igrexa.
- 1861 - Guerra civil estadounidense: Delaware vota en contra de separarse dos Estados Unidos.
- 1868 - Xapón: a dinastía Meiji é restaurada e o Shogunato abolido.
- 1869 - Aparece en Londres o primeiro semáforo iluminado a gas e accionado manualmente por un policía.
- 1871 - A oleomargarina é patentada por Henry Bradley.
- 1874 - O xeneral Pavía entra nas Cortes e pon fin á Primeira República Española.
- 1878 - As tropas rusas ocupan Sofía e os turcos vense obrigados a solicitar negociacións de paz.
- 1881 - A Societé du Pantelephon du Lock instala o primeiro teléfono en Buenos Aires, na casa de Bernardo de Irigoyen na rúa Florida 531.
- 1883 - Asinouse na cidade de Montevideo o proxecto de Convención Telegráfica, entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai.
- 1887 - O bandoleiro Francisco Antonio Palma Martín "Frasco Antonio", pertencente á cuadrilla de Luis Muñoz García, "El Bizco del Borge", resulta morto polo sarxento da Garda Civil de Vélez-Málaga Pedro Monleón.
- 1888 - Ábrese ó público o Rexistro Civil de Costa Rica, sendo o seu primeiro director Xaquín Bernardo Calvo Mora.
- 1896 - Ten lugar a batalla de Xatibonico en Cuba. Nela o xeneral Segura Campoy á fronte de 500 soldados españois enfróntase ó xefe cubano Serafín Sánchez que mandaba un exército de 4.500 homes, infrinxíndolle unha severa derrota.
- 1901 - Expídese a nome de Luis García Peinado o primeiro carnet de conducir e permiso de circulación de Almería, correspondeu á matrícula Al-1.
- 1903 - Os traballos de investigación do enxeñeiro e académico Leonardo Torres son recoñecidos polas Academias de Ciencias de Madrid e París.
- 1904 - John Edward Redmond intenta relanza-lo movemento nacionalista irlandés do Home Rule.
- 1906 - O expresidente Alfaro volve a facerse co poder en Ecuador.
- 1910
- 1911
- O presidente dos Estados Unidos Taft retira as súas tropas de Nicaragua despois de recoñece-lo goberno de Juan José Estrada.
- 700 policías londinienses sitian unha casa de Sydney Street na que se atrincheirou un grupo de anarquistas rusos.
- 1914 - Eddie Coortie proclámase campión mundial de pesos medios en Sydney.
- 1915
- O presidente paraguaio Eduardo Schaerer é detido polos golpistas e liberado polas forzas leais.
- Arxentina: fúndase o Club Atlético Lanús.
- 1917 - Pío Baroja publica A ruta do aventureiro.
- 1919 - Apróbase a concesión da autonomía administrativa das rexións españolas que a soliciten.
- 1920
- Por orde do titular de xustiza estadounidense Palmer son detidos 4.500 extremistas da esquerda.
- Tremores e volcáns en erupción destruíron totalmente varias cidades mexicanas e ocasionaron máis de 7.000 vítimas.
- 1921 - A Asemblea Nacional de Guatemala elixe presidente da República a José María Reyna Andrada.
- 1922 - Crece a tensión entre Chile e o Perú por Tacna e Arica.
- 1924 - Son postos en liberdade os ex concelleiros catalanistas que estaban presos en Barcelona.
- 1925 - Benito Mussolini toma poderes ditatoriais sobre Italia e declara ilegais a tódolos partidos da oposición
- 1926 - O xeneral Theodorus Pángulos autoproclámase ditador de Grecia.
- 1933 - As tropas xaponesas ocupan a cidade de Shan Haikuan e a reducen a ebtullos, causando 500 mortes.
- 1934 - Morren 146 mineiros na explosión dunha mina en Ossek (Bohemia).
- 1936 - O presidente Franklin D. Roosevelt manifesta ó congreso dos Estados Unidos as súas intencións de neutralidade.
- 1938 - Unha compañía constituída por nenos de 9 a 16 anos estrea en Barcelona, a obra Aurora roja, con poemas de Rafael Alberti, Apel-les Mestres e Emilio Prados.
- 1941 - As forzas italianas réndense en Bardia, Libia, durante a segunda guerra mundial.
- 1942 - Jiang Jieshi é nomeado comandante en xefe de tódalas forzas aliadas na China.
- 1944
- 1945
- A ofensiva alemá das Ardenas fracasa na cidade belga de Bastogne.
- Os xaponeses abandonan o porto de Arhyab (Birmania).
- 1946
- 1949 - Alejo Carpentier publica a novela O reino deste mundo.
- 1953 - Estréase en París a obra Esperando a Godot, do dramaturgo irlandés Samuel Beckett.
- 1956 - Inaugúrase o novo ferrocarril entre Pequín e Moscova.
- 1957
- A empresa de reloxos Hamilton crea o primeiro reloxo eléctrico.
- Luis Somoza Debayle é elixido presidente de Nicaragua. Por primeira vez votan as mulleres neste país.
- 1958 - A expedición neozelandesa dirixida por Edmund Hillary chega ao Polo Sur.
- 1959 - Alasca é admitida como estado número 49.
- 1960 - Nicaragua denuncia a entrada de elementos subversivos procedentes de Honduras.
- 1961 - Estados Unidos rompe as súas relacións diplomáticas con Cuba.
- 1962
- O papa Xoán XXIII excomunga a Fidel Castro por cometer abusos contra funcionarios da igrexa e institucións do Vaticano.
- Incendiase a igrexa barcelonesa de Santa María do Mar.
- 1964 - Emítese por primeira vez na televisión alemá o programa Gesundheitsmagazin Praxis ('Revista Médica Praxis').
- 1968 - Cuba impón o racionamento da gasolina.
- 1971 - Morren 66 persoas en Glasgow o ceder unha varanda do estadio do Celtic pola presión dos espectadores.
- 1974 - Kuwait chega a un acordo coas empresas Gulf Oil e British Petroleum para asumir o 60 por cento das súas operacións nese estado.
- 1976 - Falange Española e JONS constitúense en partido político.
- 1977 - Constitúese a empresa Apple Computers Inc.
- 1979
- Estados Unidos inicia a retirada do seu armamento nuclear en España.
- Fúndase o partido político Unión del Pueblo Navarro.
- 1980
- Francisco Sa Carneiro é elixido primeiro ministro de Portugal.
- O ouro toca o récord de custo en dólares, 634 a onza.
- 1981 - Créase en París a Academia Europea de Ciencias, Artes e Letras, entre cuxos membros fundadores figuran os españois Pedro Laín Entralgo, Federico Sopeña e Federico Mayor Zaragoza.
- 1983 - A empresa Apple presenta o ordenador de sobremesa Lisa, o primeiro equipado con rato.
- 1986
- Inscríbense no Ministerio do Interior os Premios Goya.
- Xunta de Andalucía, Concello de Sevilla e Sociedade Estatal Expo92 firman un convenio para canalización dos investimentos públicos e privados para a mellora das comunicacións, modernización do sector turístico e adaptación urbanística de Sevilla.
- Stephen P. Synnott descobre as lúas Xulieta e Portia do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1989 - A axencia española de noticias EFE cumpre 50 anos. Tiña entón 80 oficinas en 60 países.
- 1990 - O líder de Panamá, Manuel Noriega, réndese ás forzas estadounidenses.
- 1992 - Estados Unidos establece oficialmente relacións diplomáticas con Rusia.
- 1993 - En Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística.
- 1994 - O avión Tupolev TU-154 da Aeroliña Rusa estrélase e estoupa pouco despois de engalar de Irkhutsk, Rusia, matando 125 persoas.
- 1995
- Barrionuevo demanda a Amedo polo caso GAL.
- 1996
- Segundo fontes do PNV e da esquerda abertzale, ETA propuxo ao Goberno entrar en contacto antes do atentado de Vallecas, o 12 de decembro.
- AT&T anuncia o despedimento de case 40 000 traballadores, o 13% do seu cadro de persoal.
- Estoura unha bomba nun mercado de Nova Delhi, morren 6 persoas e 32 sofren feridas.
- 1997
- O presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, prorroga por outros seis meses a suspensión do Capítulo III da Lei Helms-Burton sobre investimentos estranxeiros en Cuba.
- Miguel Indurain pon punto final á súa carreira.
- 1998
- Ernesto Zedillo acepta a denuncia formal do seu ministro do Interior, acusado de se-lo máximo responsabel da matanza de 45 indíxenas en Chiapas.
- O PSOE propón unha nova regulación que impida a creación de comisións de investigación sobre asuntos das lexislaturas anteriores.
- Destituídos dous comandantes da Garda Civil implicados no caso Lasa e Zabala relacionados cos GAL.
- A Igrexa mexicana denuncia a postura do Goberno ante o masacre de Chiapas.
- Máis de 400 arxelinos asasinados na primeira xornada do Ramadán.
- O Goberno liberaliza a instalación de áreas de servizo nas estradas.
- O xornalista peruano Alfredo Barnechea publica as súas charlas con 13 grandes autores latinoamericanos na obra Peregrinos da lingua.
- Anatoli Kárpov vence a Anand na primeira partida do Mundial da FIDE.
- 1999
- A moeda única europea inicia con éxito a súa primeira xornada nos mercados financeiros mundiais.
- O primeiro ministro paquistaní Nawaz Sharif sae ileso dun aparente atentado ao estourar unha bomba nunha ponte pouco antes de que el a cruzara. Catro persoas morreron.
- Juan José Ibarretxe toma posesión do cargo de "Lehendakari" do goberno Vasco, coa premisa de respecta-la Constitución.
- Corea do Norte desprega mísiles de medio alcance para intimidar o Xapón.
- Os procesos de conversión ó euro das institucións reitoras do mercado de valores desenvólvense con éxito.
- Parte con destino a Marte a nave Mars Polar Lander para analizar os cambios climáticos.
- 2000
- Dezaseis persoas falecidas en Exipto debido aos enfrontamentos relixiosos.
- Triunfa a oposición co 40% dos votos, nas Eleccións Lexislativas de Croacia.
- Segundo o Servizo de Defensa da Competencia as grandes fusións aumentaron en España o pasado ano un 64%.
- Conchita Martínez vence a austríaca Sylvia Plischke na primeira rolda do torneo Gold Coast de tenis.
- Despídese a tira cómica de Charlie Brown, que se publicou durante 50 anos en 3.000 xornais de 75 países.
- 2001
- Doce inmigrantes ecuatorianos morren arrolados por un tren en Murcia.
- O dracma grego incorpórase ó sistema da moeda única.
- O proceso de paz norteirlandés atravesa unha grave crise pola resistencia do IRA a abandonar as armas.
- O euro inaugura o exercicio con outra recuperación e o dólar baixa a súa cotización a 175 pesetas.
- A enfermidade das “vacas tolas” esténdese con dous casos máis en León.
- O rally París Dakar chega a España co escándalo da suspensión da etapa porque a Federación Española de Motociclismo quixo cobrar sete millóns de pesetas.
- 2002
- Ibarretxe anuncia que Euskadi abonará pola cota do Concerto Económico 138 millóns de euros menos dos establecidos pola Lei de Presupostos.
- Duhalde é investido novo Presidente da Arxentina e recoñece que o país esta en quebra.
- A policía australiana detivo a 14 menores e 6 adultos por provocar os incendios de Sydney.
- A Forza Aérea de Venezuela investirá cerca de 216 millóns de dólares en novos avións.
- 2003
- Dous aventureiros irlandeses fracasan no seu intento de atravesa-la Antártida en dez días.
- O frío causou xa 183 mortos no que vai de inverno en Polonia.
- Un incendio devasta o castelo de Luneville, do século XVIII.
- Nove mortos e unha trintena de feridos no segundo accidente de tren na India en dúas semanas.
- Os bombeiros buscan tres coches que puideron ter caído ó Douro.
- Unha terceira illa do Pacífico, dun millar de habitantes, arrasada polo ciclón Zoe.
- Recuperadas na costa francesa máis de 170 aves mortas por culpa do verquido de fuel do Prestige e un centenar máis contaminadas.
- O fillo de François Mitterrand volve a ser acusado nun caso de tráfico de armas a Angola.
- Un bispado da Toscana intenta cobrar un vello imposto do XVI para restaurar o patrimonio relixioso.
- 2004
- O voo 604, un Boeing 737 das Flash Airlines exipcias, estrélase no Mar Vermello matando os 148 tripulantes.
- Aeroméxico afirma haber perdido máis de 150 000 dólares pola cancelación de dous voos aos Ánxeles.
- China cerra miles de fábricas de fogos artificiais trala morte accidental de máis de 50 persoas.
- Descuberto en Marrocos un meteorito marciano.
- A Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte.
- 2005
- Iraq e Latinoamérica convertéronse nos lugares máis perigosos para os xornalistas no 2004.
- Autoridades sanitarias confirman a existencia un segundo caso de 'vaca tola' no Canadá.
- O Goberno estadounidense dona 1.000 millóns de dólares a organizacións "baseadas na fe".
- 2.330 estranxeiros de 36 nacións morreron no maremoto do sur de Asia.
- Aumenta a 94 000 o balance oficial de mortos polo terremoto e o tsunami en Indonesia.
- As autoridades de Sri Lanka elevan a 35 000 o número de vítimas mortais na illa.
- Outro movemento sísmico estremece Andamán e as Illas Nicobar na India sen causar danos nin mortos.
- 23 persoas morren nun ataque suicida contra membros da Garda Nacional en Iraq.
- A Bolsa inicia o ano 2005 con ganancias.
- UNICEF solicita 81 millóns de dólares para os 1,5 millóns de nenos afectados polo tsunami.
- McDonald's estuda mellorar as condicións de sacrificio dos polos substituíndo a electrocución polo gaseado.
- Un 'Hércules' parte de Torrexón cargado de regalos para os nenos de Honduras.
- Cinco tribos indias illadas en diversas illas sobreviviron ao maremoto, segundo informa Survival.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- -106 - Cicerón, filósofo romano.
- 1710 - Giovanni Battista Pergolesi, músico italiano.
- 1793 - Lucretia Mott, abolicionista e defensora dos dereitos das mulleres.
- 1803 - Douglas Jerrold, dramaturgo británico.
- 1816 - Isidoro Araújo de Lira, xornalista galego, fundador e primeiro director do xornal cubano Diario da Mariña, da Habana
- 1829 - Konrad Duden, filólogo alemán.
- 1840 - Xosé de Veuster "Father Damien", misioneiro belga en Hawai.
- 1855 - Hubert Bland, socialista e cofundador da Fabian Society.
- 1875 - David W. Griffith, produtor de cine estadounidense.
- 1879 - Grace Coolidge, primeira dama dos Estados Unidos.
- 1872 - Juan José dos Reyes García "Pilila", heroe mexicano da Guerra da Independencia.
- 1883 - Clement Attlee, Primeiro ministro do Reino Unido.
- 1885 - Anna Pavlova, bailarina rusa.
- 1887 - August Macke, pintor alemán.
- 1892 - J. R. R. Tolkien, escritor e filólogo británico-surafricano.
- 1897 - Pola Negri, actriz polaca.
- 1898 - Marion Davies, actriz de cine estadounidense
- 1898 - John Loder, actor británico
- 1901 - Ngo Dinh Diem, presidente de Vietnam do Sur
- 1901 - Francisco Garcés Gómez, pintor español
- 1905 - Anna May Wong, actriz chinés-estadounidense.
- 1905 - Ray Milland, actor de cine norteamericano de orixe galés.
- 1909 - Victor Borge, humorista danés.
- 1911 - John Sturges, director estadounidense.
- 1915 - Afonso Escámez López, expresidente de Cepsa e do Banco Central.
- 1916 - Betty Furness, actriz estadounidense.
- 1916 - Afonso Escámez, banqueiro español.
- 1920 - Renato Carosone, músico e cantante italiano.
- 1923 - Xavier Carvajal Ferrer, arquitecto español.
- 1924 - André Franquin, autor de historietas belga.
- 1924 - Hank Stram, adestrador de fútbol americano.
- 1926 - George Martin, músico e produtor de The Beatles.
- 1926 - Francisco Javier Carvajal Ferrer, arquitecto español.
- 1928 - José Lladró, ceramista e empresario español.
- 1929 - Sergio Leone, director de cine italiano.
- 1929 - Gordon E. Moore, cofundador de Intel e autor da Lei de Moore.
- 1930 - Robert Loggia, actor estadounidense
- 1932 - Dabney Coleman, actor estadounidense
- 1936 - Georgina Spelvin, actriz porno
- 1939 - Ridley Scott, cineasta británico.
- 1939 - Bobby Hull, xogador de hóckey sobre xeo canadense.
- 1940 - Alberto Rendo, exfutbolista arxentino.
- 1941 - Van Dyke Parks, músico e compositor estadounidense.
- 1942 - John Thaw, actor británico.
- 1944 - David Atherton, director de orquestra inglés.
- 1944 - Nazario Luque, debuxante español de cómics.
- 1945 - Stephen Stills, músico e cantautor estadounidense.
- 1945 - Julio Lagos, xornalista arxentino.
- 1946 - John Paul Jones, baixista de Led Zeppelin.
- 1950 - Victoria Principal, actriz estadounidense.
- 1951 - Rosa Montero, xornalista española
- 1952 - Esperanza Aguirre Gil de Biedma, presidenta do Senado español e ministra de Educación e Cultura.
- 1956 - Mel Gibson, actor e director estadounidense
- 1956 - Antonio Alfonso Martín, toureiro español
- 1957 - Bojan Križaj, esquiador esloveno.
- 1960 - Joan Chen, actriz e directora chinesa.
- 1964 - José A. Montero, xogador de baloncesto español
- 1966 - Chetan Sharma, xogador de crícket indio.
- 1969 - Michael Schumacher, piloto de fórmula 1 alemán.
- 1969 - Antonio Birabent, director de cine arxentino.
- 1970 - Oscar Córdoba, futbolista peruano.
- 1973 - Daniel Romero Oliva, xogador de baloncesto español.
- 1974 - Francisco Rivera Ordóñez, toureiro español.
- 1975 - Danica McKellar, actriz estadounidense.
- 1975 - Robert Schultzberg, batería sueco.
- 1976 - Jason Marsden, actor estadounidense.
- 1982 - Eli Manning, quarterback de fútbol americano estadounidense.
- 1983 - Jesús Ramírez Brenes, futbolista español.
- 1989 - Alex D. Linz, actor estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 236 - Antero, Papa da Igrexa católica.
- 1322 - Filipe V, rei de Francia.
- 1457 - Beata Bonne, relixiosa francesa.
- 1543 - Juan Rodríguez Cabrillo, primeiro europeo que visitou California.
- 1641 - Jeremiah Horrocks, astrónomo inglés.
- 1660 - María Enriqueta Estuardo, duquesa de Orleáns.
- 1705 - Luca Giordano, pintor italiano.
- 1785 - Baldassare Galuppi, compositor veneciano.
- 1870 - Javier de Ramírez, autor dramático español.
- 1875 - Pierre Larousse, editor francés.
- 1923 - Jaroslav Hasek, novelista checo.
- 1930 - Efrén Rebolledo, escritor e diplomático mexicano.
- 1931 - Joseph Joffre, mariscal francés.
- 1933 - Jack Pickford, actor canadense.
- 1945 - Edgar Cayce, vidente e psíquico estadounidense.
- 1946 - William Joyce, propagandista Nazi.
- 1950 - Emil Jannings, actor suízo.
- 1956 - Antonio Muñiz Álvarez, político galego (n. 1883).
- 1967 - Jacob Leon Rubenstein, asasino de Lee Harvey Oswald.
- 1976 - Luís Barreiro Paradela, mestre, xornalista, escritor e debuxante galego.
- 1979 - Conrad Hilton, fundador dos hoteis Hilton.
- 1980 - Joy Adamson, naturalista checo.
- 1981 - Princesa Alice de Albania, neta da raíña Vitoria do Reino Unido.
- 1981 - José Ignacio Prieto, musicólogo español, renovador da música relixiosa.
- 1982 - Arístides Gandolfi Herrero "Álvaro Yunque", escritor arxentino
- 1991 - Renato Rascel, actor e compositor italiano.
- 1991 - José Jurado Morales, poeta, escritor e editor español.
- 1992 - Judith Anderson, actriz estadounidense de orixe australiana (n. 1897).
- 1995 - Eugenio Pucciarelli, médico, escritor, mestre e filósofo arxentino.
- 2000 - José Antonio Fernández Ordóñez, presidente do padroádego do Museo do Prado, enxeñeiro e arquitecto español.
- 2002 - Freddy Heineken, presidente de Heineken.
- 2003 - José María Gironella, escritor español.
- 2005 - Will Eisner, creador de banda deseñada estadounidense (n. 1917).
- 2023 - Elena Huelva Palomo, activista española pola loita contra o cancro (n. 2002)
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santa Xenoveva (patroa de París); Antero e Ceferino (Papas); Florencio e Luciano (Bispos); Pedro, Zósimo, Daniel de Padua, Fulgencio, Atanasio, Cirino, Primo, Teóxenes, Xosé María Tomasi, Teopento, Teonás e Gordio (Mártires); Florencia e Bertila (Virxes).