Úrvalsdeild Karla
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Federación de Fútbol de Islandia |
Liga inferior | 1. Deild Karla (pt) |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | Islandia |
Vixencia | 1912 – |
Calendario da tempada | primavera – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ksi.is |
A Úrvalsdeild Karla (en galego, Liga Premier de Islandia ou Liga islandesa de fútbol) é a máxima categoría do fútbol profesional en Islandia. Está organizada pola Federación de Fútbol de Islandia e os seus equipos poden disputar torneos da UEFA. A competición dispútase entre a primavera e o verán a causa das condicións climatolóxicas do país. Actualmente é coñecida polo nome de Pepsideild karla polo patrocinio da bebida Pepsi.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira edición do torneo tivo lugar no ano 1912 como unha competición entre 3 clubs de Reiquiavik: o KR Reykjavik, o Fram e o ÍBV, resultando vencedor o KR Reykjávik. Os anos 1913 e 1914 o Fram proclamouse campión da competición sen ter disputado un só partido debido a que ningún outro equipo se presentou á competición. Posteriormente, o campionato foise ampliando a máis clubs. En 1955, con 6 clubs en Primeira, estableceuse un sistema de ascensos e descensos que dinamizaba o campionato, e en 1959 engadiuse ao sistema de liga regular partidos na casa e a domicilio, do mesmo xeito que se facía noutros países. A partir de 1964 os equipos islandeses poden entrar nas competicións europeas da UEFA.
A pesar de que o campionato se celebra dende 1912, foi en 1951 cando un equipo que non era de Reiquiavik gañou por primeira vez a Liga, sendo o ÍA Akranes, da cidade de Akranes.
Actualmente, e dende 2008, o campionato conta con 12 clubs e é totalmente profesional, aínda que algúns equipos teñen unha situación semi-profesional debido ao estado do fútbol en Islandia.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]O campionato o forman 12 clubs. Aínda que contou tradicionalmente con 10 equipos, este número foi ampliado a 12 na tempada 2008. Os equipos xogan dúas veces entre si ao longo da tempada, na casa e a domicilio. Ao final da tempada os dous últimos equipos descenden á 1. deild karla (Primeira División), sendo substituídos polos 2 primeiros desa categoría.
O campión da Liga participa na UEFA Champions League partindo dende a Primeira rolda de clasificación, mentres que o segundo e o campión da Copa xogan a UEFA Europa League a partir da rolda previa.
Equipos na tempada 2015
[editar | editar a fonte]Club | Cidade | Estadio | Capacidade | Tempadas | Títulos | Posto no 2014 |
---|---|---|---|---|---|---|
Breiðablik UBK | Kópavogur | Kópavogsvöllur | 2.501 | 30 | 1 | 7º |
FH | Hafnarfjörður | Kaplakriki | 3.000 | 31 | 6 | 2º |
Fjölnir | Reiquiavik | Fjölnisvöllur | 9.800 | 4 | 0 | 9º |
Fylkir | Reiquiavik | Fylkisvöllur | 5.000 | 19 | 0 | 6º |
ÍA | Akranes | Akranesvöllur | 6.000 | 64 | 18 | 2º (1.deild) |
ÍBV | Vestmannaeyjar | Hásteinsvöllur | 1.500 | 51 | 4 | 10º |
Keflavík ÍF | Keflavík | Keflavíkurvöllur | 6.200 | 51 | 4 | 8º |
KR Reykjavik | Reiquiavik | KR-völlur | 6.000 | 101 | 26 | 3º |
Leiknir | Reiquiavik | Leiknisvöllur | 1.025 | 1 | 0 | 1º (1.deild) |
Stjarnan | Garðabær | Stjörnuvöllur | 1.000 | 13 | 1 | 1º |
Valur | Reiquiavik | Vodafonevöllurinn | 2.225 | 95 | 20 | 5º |
Vikingur | Reiquiavik | Vikingsvöllur | 1.450 | 63 | 5 | 4º |
Palmarés
[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Campionatos por club
[editar | editar a fonte]Club | Títulos | Primeiro título | Último título |
---|---|---|---|
KR Reykjavik | 26 | 1912 | 2014 |
Valur | 20 | 1930 | 2007 |
Akraness | 18 | 1951 | 2001 |
Fram | 18 | 1913 | 1990 |
Víkingur | 5 | 1920 | 1991 |
FH | 6 | 2004 | 2012 |
Keflavík FC | 4 | 1964 | 1973 |
Íþróttabandalag Vestmannaeyja | 3 | 1979 | 1998 |
Knattspyrnufélag Akureyrar | 1 | 1989 | 1989 |
Breiðablik UBK | 1 | 2010 | 2010 |
Stjarnan | 1 | 2014 | 2014 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- KSI.is (sitio da Federación Islandesa de Fútbol)
- Úrvalsdeild en UEFA.com