Saltar ao contido

Lingua baixo saxoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixo saxón
'Nedersaksisch'
Falado en: Alemaña e Países Baixos
Rexións: Europa
Total de falantes: 5 millóns
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Baixo saxón
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: É lingua administrativa en:
Baixa Saxonia
Bremen
Hamburgo
Renania do Norte-Westfalia
Saxonia-Anhalt
Schleswig-Holstein
Lingua rexional en:
Países Baixos
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: nds
ISO 639-3: nds
Mapa
Status

O baixo saxón está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O baixo saxón é unha varidedade do baixo alemán, que conta con 5 millóns de falantes. É lingua rexional cooficial de 8 estados federados: Baixa Saxonia, Renania do Norte-Westfalia, Hamburgo, Schleswig-Holstein e Bremen. (A poboación do estado federado de Saxonia de hoxe en día non é realmente da pendente saxoa. Esta zona recibiu ese nome no século XVI debido a un matrimonio aristocrático para desgusto dos verdadeiros saxóns.)

O baixo saxón tamén é falado aproximadamente por un millón e medio de persoas nas provincias do noroeste dos Países Baixos.

O baixo saxón polo mundo

[editar | editar a fonte]

Os enclaves non europeos máis grandes do baixo saxón atópanse en América do Norte, sobre todo nos estados do medio oeste dos Estados Unidos. Tamén en América Latina, en Rusia e en Asia Central.

O baixo saxón é o descendente do saxón antigo, que é tamén unha das linguas ancestrais do inglés e do escocés.

Despois da cristianización e da subxugación por parte Carlomagno, nación saxoa atopou a riqueza e o poder grazas ao comercio, sobre todo ao comercio marítimo. A extensión comercial da Liga Hanseática saxoa ao redor do Mar Báltico e na costa norueguesa, con representacións diplomáticas en Inglaterra, nos Países Baixos, en Bélxica e en Rusia, provocou unha extensión da lingua saxoa ao longo da maior parte da Idade Media. O saxón medio usábase como unha lingua franca internacional durante aquel período, e as súas influencias transformaron as linguas escandinavas. Ademais, durante e despois daquel período influíu o saxón medio no caxubio, o estoniano e as linguas bálticas.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

O baixo saxón é unha lingua fortemente fragmentada, recoñecida e protexida pola Unión Europea dende 1994. Actualmente, mesmo se pode utilizar como lingua administrativa en varios dos estados federados nos que goza de maior difusión. O seu código ISO segundo a norma ISO 639-2 é nds.

A pesar da súa oficialidade e debido ao predominio do idioma alto alemán, o baixo saxón estase a extinguir, sobrevivindo case unicamente na contorna rural.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]