Saltar ao contido

Glaucus atlanticus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Glaucus atlanticus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Heterobranchia
Infraclase: Opisthobranchia
Orde: Nudibranchia
Suborde: Dexiarchia
Infraorde: Cladobranchia
Parvorde: Aeolidida
Superfamilia: Aeolidioidea
Familia: Glaucidae
Xénero: Glaucus
Especie: G. atlanticus
Nome binomial
Glaucus atlanticus
Forster, 1777
Sinonimia
  • Doris radiata Gmelin, 1791
  • Glaucus distichoicus d'Orbigny, 1837
  • Glaucus flagellum Blumenblach, 1803
  • Glaucus hexapterigius Cuvier, 1805
  • Glaucus lineatus Reinhardt & Bergh, 1864
  • Glaucus longicirrhus Reinhardt & Bergh, 1864

Glaucus atlanticus é unha especie de pequena lesma de mar de cor azul, un nudibranquio peláxico e un molusco gasterópodo sen cuncha da familia Glaucidae.[1] descrito por Georg Forster en 1777. Este nudibranquio peláxico, coñecido pola súa distintiva coloración azul, habita nas augas abertas de mares temperados e tropicais en todo o mundo, por exemplo nos do Brasil ou Mozambique, onde é chamado dragão azul, anjo azul e andorinha azul do mar.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Ilustración científica da disección ventral dun Glaucus atlanticus. Vaillant A. N. Atlas Zoologique du Voyage de la corvette La Bonite. París, Arthus Bertrand, Editeur, 1841.

O Glaucus atlanticus alcanza unha lonxitude de 3 a 4 cm e presenta un corpo troncocónico aplanado. A súa parte dorsal é de cor azul prateada, mentres que ventralmente é dun azul máis pálido con franxas azuis escuras ou negras ao longo do pé. Os seus cerata, seis apéndices que se ramifican en raios, conteñen nematocistos extraídos das súas presas.

Hábitat e comportamento

[editar | editar a fonte]

Esta especie é estritamente peláxica e flota boca abaixo na tensión superficial do océano, grazas a un saco de gas que ten no seu estómago. Aliméntase de organismos peláxicos como algúns cnidarios velenosos (a carabela portuguesa, Physalia physalis), dos cales extrae e almacena os nematocistos para a súa defensa, e mesmo chegou a presentar canibalismo.

Importancia para a investigación

[editar | editar a fonte]

A capacidade de Glaucus atlanticus para acumular e reutilizar os nematocistos das súas presas é de particular interese para os científicos, proporcionando datos sobre a evolución da inmunidade e toxicidade entre os nudibranquios.

  1. Lalli, C. M.; Gilmer, R. W. (1989). Pelagic snails: the biology of holoplanktonic gastropod mollusks. Stanford University Press. p. 224. ISBN 978-0-8047-1490-7. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  2. "Formas de vida estranhas e fascinantes". D. Anna; www.tudoporemail.com.br (en portugués). 2021-01-03. Consultado o 2024-04-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.