EURECA
EURECA | |
---|---|
Recuperación de EURECA durante a misión STS-57. | |
Tipo | Experimental / tecnolóxico. |
Organización | ESA |
Destino actual | Recuperado. |
Data de lanzamento | 2 de agosto de 1992[1][2][3] |
Foguete portador | Transbordador espacial Atlantis[2][3][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][5] |
Obxectivo da misión | Investigación en materiais, ciencias da vida e radiobioloxía.[2] |
Regreso | 1 de xullo de 1993, co regreso da misión STS-57[6] |
NSSDC ID | 1992-049B |
Masa | 4491 kg[2][5] |
Potencia | 1,5 kW[6] |
Baterías | Catro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora. |
EURECA (acrónimo de European Retrievable Carrier) foi un satélite artificial da ESA lanzado na bodega do transbordador espacial Atlantis desde Cabo Cañaveral durante a misión STS-46.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]EURECA foi un satélite deseñado para ser soltado desde o transbordador espacial e ser recuperado tras un tempo por outro transbordador. Aínda que era reutilizable só voou unha vez.[2]
Na súa primeira e única misión levou a cabo investigacións relacionadas con materiais, bioloxía e radiobioloxía baixo un contorno de microgravedade e realizou experimentos sobre observación terrestre, física solar e espacial e astrofísica.[2]
A estrutura do satélite estaba feita de fibra de carbono e titanio. A alimentación eléctrica, unha vez soltado da bodega de carga do transbordador, era proporcionada por un par de paneis solares que alimentaban catro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora.[2]
O satélite orientábase nos tres eixos mediante un sistema de torque magnético xunto con sistema de reacción alimentado por nitróxeno. Foi recuperado durante a misión STS-57 polo transbordador Endeavour.[2]
Experimentos
[editar | editar a fonte]EURECA levaba 15 experimentos a bordo:[4]
- Solution Growth Facility (SGF) (Bélxica): experimento para estudar o crecemento de monocristais a partir de disolucións.[6]
- Protein Crystallization Facility (PCF) (Alemaña): para o estudo da cristalización de proteínas no espazo.
- Exobiology and Radiation Assembly (ERA) (Alemaña): usado para experimentos sobre os efectos biolóxicos da radiación no espazo.[6][7]
- Multi-Furnace Assembly (MFA) (Italia): para o estudo de materiais.[6]
- Automatic Mirror Furnace (AMF) (Alemaña): forno óptico para estudar o crecemento uniforme de cristais únicos a partir das fases de líquido ou vapor.[6]
- Surface Forces Adhesion Instrument (SFA) (Italia): para o estudo da dependencia de forzas superficiais e enerxías internas con outros parámetros físicos.[6]
- High Precision Thermostat Instrument(HPT) (Alemaña): instrumento para experimentos a longo prazo que necesiten condicións de microgravedade e medicións de alta precisión de temperatura e control.[6]
- Solar Constant and Variability Instrument (SOVA) (Bélxica): radiómetro para a medición da constante solar.[6][8][9]
- Solar Spectrum Instrument (SOSP) (Francia): estudo da física solar e da relación entre o Sol e a Terra nos campos da aeronomía e a climatoloxía.[6][10]
- Occultation Radiometer Instrument (ORI) (Bélxica): adicouse a estudar a densidade dos aerosois e gases traza na mesosfera e exosfera terrestres.[6][11][12]
- Wide Angle Telescope (WATCH) (Dinamarca): tratábase dun telescopio de raios gamma e raios X para o estudo das explosións de raios gamma e das fontes de raios X con enerxías no rango entre 6 e 150 keV.[6][13]
- Timeband Capture Cell Experiment (TICCE) (Reino Unido): estudo da poboación de micropartículas no espazo próximo á Terra.[6]
- Radio Frequency Ionization Thruster Assembly (RITA) (Alemaña): estudo da propulsión iónica eléctrica no spacio.[6][14][15]
- Inter-Orbit Communications (IOC) (Francia/Países Baixos): experimento tecnolóxico.[6]
- Advanced Solar Gallium Arsenide Array (ASGA) (Italia): experimento tecnolóxico para medir o rendemento de novas células solares.[6][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EURECA 1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "EURECA 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 22 June 1993 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-40645 (E)): 2. 20 de xullo de 1993. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Eureca 1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Eureca" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 Earth Observation Resources, ed. (2011). "EURECA (European Retrievable Carrier)" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ G. Reitz, W. Atwell, R. Beaujean, J. W. Kern, “Dosimetric results on EURECA,” Advances in Space Research, Vol. 16, 1995, pp. 131-137
- ↑ D Crommelynck, V Domingo, A Fichot, C Fröhlich, B Penelle, J Romero, Ch Wehrli, “Preliminary Results from the SOVA Experiment on Board the European Retrievable Carrier (EURECA),” Metrologia, Vol. 30, 1993, pp. 375-379, doi:10.1088/0026-1394/30/4/032
- ↑ D. Crommelynck, V. Domingo, C. Froehlich, “The solar variations (SOVA) experiment in the Eureca space platform,” Proceedings of the Interdisciplinary Scientific Commission E Meeting (ME.7) of the COSPAR, 28th Plenary Meeting, The Hague, The Netherlands, June 25-July 6, 1990
- ↑ G. Thullier, M. Herse, D. Labs, T. Foujols, W. Peetermans, D. Gillotay, P. C. Simon, H. Mandel, “The Solar Spectral Irradiance from 200 to 2400 nm AS Measured by the SOLSPEC Spectrometer from the ATLAS and EURECA Missions,” Solar Physics, Vol. 214, 2003, pp. 1-22
- ↑ E. Arijs, D. Nevejans, D. Fussen, P. Frederick, E. van Ransbeeck, F. W. Taylor, S. B. Calcutt, S. T. Werrett, C. L. Hepplewhite, T. M. Pritchard, I. Burchel, C. D. Rodgers, “The ORA occultation radiometer on EURECA; Instrument description and preliminary results,” Advances in Space Research (ISSN 0273-1177), Vol. 16, No. 8, pp. 33-36
- ↑ D. Fussen, E. Arijs, F. Leclere, D. Nevejans, C. Bingen, “Tomography of the Earth's atmosphere by the spaceborne occultation radiometer ORA: Spatial inversion algorithm,” Journal of Geophysical Research, Vol. 102, No. D4, 1997, pp. 4357-4366
- ↑ S. Brandt, N. Lund, A. J. Castro-Tirado, “Observations of cosmic gamma ray bursts with WATCH on EURECA,” Advances in Space Research (ISSN 0273-1177), Vol. 16, No. 8, 1995, pp. 43-46
- ↑ “Radiofrequency Ion Thruster Heritage: EURECA,” URL: http://cs.astrium.eads.net/sp/spacecraft-propulsion/showcase/eureca.html Arquivado 14 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Helmut Bassner, Rainer Killinger, Hans Leiter, Johann Müller, “Development Steps of the RF-Ion Thrusters RIT,” IEPC-01-105 (International Electric Propulsion Conference), 2001.
- ↑ C. Flores, R. Campesato, F. Paletta, G. L. Timò, F. Svelto, ”Post-Flight Investigation of the ASGA Solar Cell Experiment on EURECA”, Proceedings of the 1st IEEE International Conference on Photovoltaic Energy Conversion, Vol. 2, pp. 2076-2081, Dec. 05. - 09., 1994, Waikoloa, Hawaii, USA