Exorribonuclease
Unha exorribonuclease é un encima ribonuclease con actividade exonuclease, que degrada o ARN eliminando os nucleótidos terminais do extremo 5' ou ben do 3' dunha molécula de ARN. Os encimas que eliminan nucleótidos do extremo 5' denomínanse 5'-3' exorribonucleases, e os que os eliminan do extremo 3' chámanse 3'-5' exorribonucleases.[1]
As exorribonuleases poden usar para clivar o enlace fosfodiéster entre os nucleótidos unha molécula de auga (o que se denomina actividade hidrolítica) ou un fosfato inorgánico (o que se denomina actividade fosforolítica). As exorribonucleases hidrolíticas clasifícanse co número EC 3.1 e as fosforolíticas co 2.7.7. Como os encimas fosforolíticos usan fosfato inorgánico para romper os enlaces fosfodiéster, liberan nucleósidos disfosfato), mentres que os encimas hidrolíticos (que usan auga) liberan nucleótidos (é dicir, nucleósidos monofosfato).
As exorribonucleases están distribuídas en todos os reinos de seres vivos: bacterias, arqueas, e eucariotas. As exorribonucleases están implicadas na degradación de moitos tipos de ARN, como o ARN mensaxeiro, ARN transferente, ARN ribosómico e microARN. As exorribonucleases poden ser proteínas simples, como a RNase D ou a RNase PH, pero tamén poden ser complexos formados por moitas proteínas, como o exosoma, no cal están representadas catro das principais familias de exorribonucleases.
Principais familias
[editar | editar a fonte]Familia | Exemplos | Distribución | Actividade catalítica |
---|---|---|---|
RNR | RNase R | A maioría das bacterias, todos os eucariotas | hidrolítica 3'-5' |
RNase II | |||
Rrp44 | |||
DEDD | RNase D | Certas bacterias, todos os eucariotas | hidrolítica 3'-5' |
RNase T | |||
PM/Scl-100 | |||
Oligorribonuclease | |||
RBN | RNase BN | Certas bacterias | hidrolítica 3'-5' |
PDX | PNPase | Todos os reinos | fosforolítica 3'-5' |
PM/Scl-75 | |||
RNase PH | |||
RRP4 | Rrp4 | Todos os eucariotas, a maioría das arqueas | hidrolítica 3'-5' |
5PX | Exorribonuclease I | Todos os eucariotas | hidrolítica 5'-3' |
Exorribonuclease II |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zuo Y, Deutscher MP. (2001). "Exoribonuclease superfamilies: structural analysis and phylogenetic distribution". Nucleic Acids Res. 29 (5): 1017–26. PMC 56904. PMID 11222749. doi:10.1093/nar/29.5.1017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Exoribonucleases Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.