Aldosterona
A aldosterona[1] é unha hormona esteroide[2][3] do grupo dos mineralocorticoides producida pola parte externa da (zona glomerulosa do córtex adrenal da glándula adrenal (ou suprarrenal), que actúa principalmente no túbulo distal e túbulo colector dos nefróns (túbulos funcionais dos riles), e o seu efecto é causar a conservación do sodio, a secreción do potasio, o incremento da retrención de auga, e o aumento da presión arterial. O efecto global da aldosterona é incrementar a reabsorción de ións e auga nos riles, o cal aumenta o volume sanguíneo e, por tanto, a presión arterial.
Os fármacos que interfiren coa secreción e ación da aldosterona utilízanse como antihipertensivos. Un exemplo é a espironolactona, que fai diminuír a presión sanguínea ao bloquear o receptor da aldosterona. A aldosterona forma parte do sistema renina-anxiotensina.
A súa actividade está reducida na enfermidade de Addison e incrementada na síndrome de Conn.
Foi illada por Simpson e Tait en 1953.[4]
Síntese
[editar | editar a fonte]Os corticosteroides sintetízanse a partir do colesterol no córtex adrenal. A maioría das reaccións esteroidoxénicas son catalizadas polos encimas da familia do citocromo P450. Están localizados nas mitocondrias e requiren adrenodoxina como cofactor (excepto a 21-hidroxilase e a 17α-hidroxilase).
A aldosterona e a corticosterona comparten a primeira parte da ruta biosintética. A última parte está mediada pola aldosterona sintase (para a aldosterona) ou pola 11β-hidroxilase (para a corticosterona). Estes encimas son case idénticos e comparten as funcións de hidroxilación na posición 11β e hidroxilación na posición 18. Pero a aldosterona sintase pode tamén levar a cabo a oxidación na posición 18. Ademais, a aldosterona sintase encóntrase só na zona glomerulosa no límite externo do córtex adrenal; a 11β-hidroxilase encóntrase na zona fasciculada e na reticular.
Estimulación
[editar | editar a fonte]A síntese de aldosterona é estimulada por varios factores:
- Incremento na concentración plasmática de anxiotensina III, un metabolito da anxiotensina II.
- Incremento no plasma sanguíneo dos niveis de anxiotensina II, ACTH, ou potasio, os cales están presentes en proporción ás deficiencias de sodio no plasma. O aumento do nivel de potasio regula a síntese de aldosterona ao despolarizar as células na zona glomerulosa, o cal abre as canles de calcio dependentes de voltaxe. O nivel de anxiotensina II está regulado pola anxiotensina I, a cal á súa vez está regulada pola hormona renina. Os niveis de potasio son os estimuladores máis importantes da aldosterona.
- A proba de estimulación da ACTH utilízase ás veces para estimular a produción de aldosterona xunto coa de cortisol para determinar se hai unha insuficiencia adrenal primaria ou secundaria. Porén, a ACTH ten só un papel de menor importancia na regulación da produción de aldosterona; con hipopituitarismo non hai atrofia da zona glomerulosa.
- Acidose no plasma.
- Os receptores de estiramento situados nas aurículas do corazón. Cando se detecta un descenso na presión sanguínea, a glándula adrenal é estimulada por estes receptores de estiramento para que libere aldosterona, a cal incrementa a reabsorción de sodio da urina, suor, e intestinos. Isto causa un aumento da osmolaridade no fluído extracelular, o cal finalmente fará tornar á presión sanguínea normal.
- A adrenoglomerulotropina, un factor lipídico, obtido de extractos da glándula pineal estimula selectivamente a secreción de aldosterona.[5]
A secreción de aldosterona ten un ritmo diúrno.[6]
Funcións
[editar | editar a fonte]A aldosterona é o principal mineralocorticoide endóxeno humano. A desoxicorticosterona é outro membro importante deste grupo de substancias. A aldosterona tende a promover a retención de Na+ e auga, e diminuír a concentración de K+ no plasma polos seguintes mecanismos:
- Actuando sobre os receptores de mineralocorticoidess (MR) nucleares nas células principais do túbulo distal e túbulo colector do nefrón dos riles, activa as bombas de Na+/K+ basolaterais, as cales bombean tres ións sodios fóra da célula e á vez dous ións potasio cara ao interior da célula. Isto ten como resultado unha reabsorción de sodio (Na+) e auga (que se absorbe xunto co sodio) cara ao sangue, e a secreción de potasio (K+) na urina (luz do túbulo colector).
- A aldosterona activa a canle de soido epitelial (ENaC), incrementando a permeabilidade da membrana apical para o Na+.
- O Cl- é reabsorbido xunto con catións sodio para manter o equilibrio electroquímico do sistema.
- A aldosterona estimula a excreción de K+ cara á luz do túbulo.[7]
- A aldosterona estimula a reabsorción de Na+ e auga nas glándulas salivares e sudoríparas intercambiándoo con K+.
- A aldosterona estimula a secreción de H+ polas células intercalares dos túbulos colectores, regulando os niveis de bicarbonato (HCO3−) do plasma e o seu equilibrio ácido/básico.[8]
- A aldosterona actúa xunto coa hormona adenohipófise vasopresina (ADH), que contribúe a conservar a auga por medio das súas accións directas sobre a reabsorción tubular renal.
A aldosterona é responsable da reabsorción de aproximadamente o 2% do sodio filtrado nos riles, o cal é case igual ao contido total de sodio do sangue humano cunha taxa de filtración glomerular (GFR) normal.[9]
A aldosterona, moi posiblemente actuando sobre os receptores de mineralocorticoides, pode influenciar positivamente a neuroxénese na circunvolución dentada da rata.[10]
Localización dos receptores
[editar | editar a fonte]Os receptores das hormonas esteroides son intracelulares. O complexo do receptor de mineralocorticoides da aldosterona (MR) únese no ADN a un elemento de resposta á hormona específico, o que causa a transcrición de xenes específicos.
Algúns dos xenes transcritos son fundamentais para o transporte transepitelial de sodio, incluíndo as tres subunidades proteicas da canle de sodio epitelial (ENaC), as bombas de Na+/K+ e as proteínas regulatorias destes, quinases séricas e inducidas por glicocorticoides, e o factor indutor das canles, respectivamente.
O receptor de mineralcorticoides é estimulado pola aldosterona e o cortisol, pero hai un mecanismo que protexe ao corpo do exceso de estimulación do receptor de aldosterona polos glicocorticoides, que están presenten en moita maior concentración cós mineralocorticoides nun individuo san. O mecanismo consiste nun encima chamado 11 β-hidroxiesteroide deshidroxenase (11 β-HSD). Este encima está colocalizado cos receptores de esteroides adrenais intracelulares e converte o cortisol (un mineralcorticoide activo) en cortisona, un metabolito relativamente inactivo con pouca afinidade polo MR. A regalicia, que contén ácido glicirretínico, pode inhibir a 11 β-HSD e causar unha síndrome de exceso de mineralcorticoides.
Control da liberación de aldosterona polo córtex adrenal
[editar | editar a fonte]Principais reguladores
[editar | editar a fonte]Papel do sistema renina-anxiotensina
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Sistema renina-anxiotensina.
A anxiotensina está implicada na regulación da produción de aldosterona e é o mecanismo central desta regulación.[12] A anxiotensina II actúa sinerxicamente co potasio, e a retroalimentación do potasio é virtualmente inoperativa cando a anxiotensina II non está presente.[13] Unha pequena porción da regulación feita pola anxiotensina II ten que producirse indirectamente debido ao descenso do fluxo sanguíneo no fígado causado pola constrición dos capilares.[14] Cando o fluxo sanguíneo diminúe tamén diminúe a destrución da aldosterona polos encimas do fígado.
Concentración plasmática de potasio
[editar | editar a fonte]A cantidade de aldosterona secretada é función directa da cantidade de potasio sérico,[15][16] probablemente detectado polos sensores da arteria carótide.[17][18]
ACTH
[editar | editar a fonte]A ACTH (péptido hipofisario) tamén ten algún efecto estimulante sobre a produción de aldosterona probablemente ao estimular a formación de desoxicorticosterona, un precursor da aldosterona.[19] A aldosterona aumenta cando se perde sangue,[20] no embarazo,[21] e posiblemente por outras circunstancias tales como exercicio físico, shock por endotoxinas, e queimaduras.[22][23]
Outros reguladores
[editar | editar a fonte]Papel dos nervios simpáticos
[editar | editar a fonte]A produción de aldosterona está tamén afectada polo control nervioso simpático, que depende da presión na arteria corótide,[17] dor, postura,[21] e probablemente das emocións como ansiedade, medo, e hostilidade [24] (incluído o estrés cirúrxico).[25] A ansiedade fai aumentar a aldosterona [24][26].
Papel dos barorreceptores
[editar | editar a fonte]Os barorreceptores sensibles á presión atópanse nas paredes dos vasos sanguíneos de case todas as arterias grandes do tórax e pescozo, pero son especialmente abundantes nos seos das arterias carótides e no caxato da aorta. Estes receptores especializados son sensibles aos cambios na presión arterial media. Un incremento na presión orixina un incremento no envío de impulsos dos barorreceptores e unha resposta de retroalimentación negativa, que baixa a presión arterial sistémica. A liberación de aldosterona causa a retención de sodio e auga, o cal causa un aumento do volume sanguíneo, e un incremento da presión sanguínea, pero este aumento será detectado polos barorreceptores e empezará a resposta de retroalimentación negativa.[27] Para manter a homeostase normal estes receptores tamén detectan a presión sanguínea baixa e o volume sanguíneo baixo, o que causa a liberación de aldosterona. Isto ten como resultado a retención de sodio nos riles, retención de auga e aumento do volume sanguíneo.[28]
Papel do aparato xustaglomerular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Aparato xustaglomerular.
Realízase a través do sistema renina-anxiotensina-aldosterona (RAAS)
Concentración plasmática de sodio
[editar | editar a fonte]A cantidade de aldosterona é unha función inversa ao consumo de sodio detectado pola presión osmótica.[29] A pendente da resposta da aldosterona ao potasio sérico é case independente do consumo de sodio.[30] A aldosterona aumenta moito con consumos baixos de sodio, pero o grao de incremento de aldosterona plasmática cando aumento o potasio no soro non é moito menor cando o consumo de sodio é alto que cando é baixo. Así, o potasio está fortemente regulado en todos os graos de consumo de sodio pola aldosterona cando a subministración de potasio é o axeitado, como ocorre normalmente nas dietas primitivas.
Control por retroalimentación
[editar | editar a fonte]A propia concentración de aldosterona exerce un control por retroalimentación, que é pouco potente comparado coa retroalimentación por electrólitos (ións disoltos) a curto prazo.[22]
Enfermidades asociadas
[editar | editar a fonte]No hiperaldosteronismo están incrementados anormalmente os niveis de aldosterona, e no hipoaldosteronismo están anormalmente baixos.
Límites superiores do rango de referencia da aldosterona plasmática | ||
---|---|---|
Adulto levantado, 8-10 am | 34.0[31] | ng/dL |
940[32] | pmol/L | |
Adulto supino, 8-10 am | 19,0[31] | ng/dL |
530[32] | pmol/L | |
Adulto levantado, 4-6 pm | 23,0[31] | ng/dL |
640[32] | pmol/L |
A cantidade de aldosterona en sangue pode medirse pola concentración de aldosterona plasmática (PAC), que se pode comparar coa actividade de renina plasmática (PRA) calculando a proporción aldosterona/renina.
Hiperaldosteronismo
[editar | editar a fonte]O aldosteronismo primario (tamén chamado hiperaldosteronismo primario) está caracterizado pola sobreprodución de aldosterona polas glándulas adrenais,[33] ou é o resultado da excesiva secreción de renina. Produce hipertensión arterial asociada con hipocalemia, xeralmente un indicio para o diagnóstico. O hiperaldosteronismo secundario débese á sobrerreactividade do sistema renina-anxiotensina.
A síndrome de Conn's é un hiperaldosteronismo primario causado por un adenoma que produce aldosterona.
Dependendo da causa e outros factores, o hiperaldosteronismo pode tratarse cirurxicamente ou medicándose con antagonistas da aldosterona.
Hipoaldosteronismo
[editar | editar a fonte]Unha proba de estimulación da ACTH para a aldosterona pode ser de axuda para detrminar a causa do hipoaldosteronismo, na que unha baixa resposta de aldosterona indica hipoaldosteronismo primario nas glándulas adrenais, entanto que unha resposta grande indica hipoaldosteronismo secundario.
Outras imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vía de síntese de corticosteroides nas ratas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de aldosterona no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ PubChem compound Aldosterone
- ↑ ChemSpider Aldosterone
- ↑ Williams JS, Williams GH (2003). "50th anniversary of aldosterone". J Clin Endocrinol Metab. 88 (6): 2364–72. PMID 12788829. doi:10.1210/jc.2003-030490.
- ↑ Farrell G (1960). "Adrenoglomerulotropin". Circulation 21 (5): 1009–15. PMID 13821632.
- ↑ Hurwitz S, Cohen RJ, Williams GH (2004). "Diurnal variation of aldosterone and plasma renin activity: timing relation to melatonin and cortisol and consistency after prolonged bed rest". J App Physiol 96 (4): 1406–14. PMID 14660513. doi:10.1152/japplphysiol.00611.2003. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2010. Consultado o 08 de febreiro de 2012.
- ↑ unknown, unknown. "unknown". ionchannels.org. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 8/4/2011.
- ↑ Rector, Floyd C.; Brenner, Barry M. (2004). Saunders - Philadelphia, ed. Brenner & Rector's the kidney. ISBN 0-7216-0164-2. OCLC 51838812.
- ↑ Sherwood, Lauralee (2001). Brooks/Cole - Pacific Grove, CA, ed. Human physiology: from cells to systems. ISBN 0-534-56826-2. OCLC 43702042.
- ↑ Fischer AK, von Rosenstiel P, Fuchs E, Goula D, Almeida OF, Czéh B (2002). "The prototypic mineralocorticoid receptor agonist aldosterone influences neurogenesis in the dentate gyrus of the adrenalectomized rat". Brain Res. 947 (2): 290–3. PMID 12176172. doi:10.1016/S0006-8993(02)03042-1.
- ↑ Page 866-867 (Integration of Salt and Water Balance) and 1059 (The Adrenal Gland) in: Walter F., PhD. Boron (2003). Elsevier/Saunders, ed. Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approaoch. p. 1300. ISBN 1-4160-2328-3.
- ↑ Williams GH, Dluhy RG (1972). "Aldosterone biosynthesis. Interrelationship of regulatory factors". Am J Med 53 (5): 595–605. PMID 4342886. doi:10.1016/0002-9343(72)90156-8.
- ↑ Pratt JH (1982). "Role of angiotensin II in potassium-mediated stimulation of aldosterone secretion in the dog". J Clin Invest. 70 (3): 667–72. PMC 370270. PMID 6286729. doi:10.1172/JCI110661.
- ↑ Messerli FH, Nowaczynski W, Honda M; et al. (1977). "Effects of angiotensin II on steroid metabolism and hepatic blood flow in man". Circulation Research 40 (2): 204–7. PMID 844145.
- ↑ Bauer JH, Gauntner WC (1979). "Effect of potassium chloride on plasma renin activity and plasma aldosterone during sodium restriction in normal man". Kidney Int. 15 (3): 286–93. PMID 513492. doi:10.1038/ki.1979.37.
- ↑ Linas SL, Peterson LN, Anderson RJ, Aisenbrey GA, Simon FR, Berl T (1979). "Mechanism of renal potassium conservation in the rat". Kidney Int. 15 (6): 601–11. PMID 222934. doi:10.1038/ki.1979.79.
- ↑ 17,0 17,1 Gann DS Mills IH Bartter 1960 On the hemodynamic parameter mediating increase in aldosterone secretion in the dog. Fed. Proceedings 19; 605-610.
- ↑ Gann DS, Cruz JF, Casper AG, Bartter FC (1962). "Mechanism by which potassium increases aldosterone secretion in the dog". Am J Physiol. 202: 991–6. PMID 13896654. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2012.
- ↑ Brown RD, Strott CA, Liddle GW (1972). "Site of stimulation of aldosterone biosynthesis by angiotensin and potassium". J Clin Invest. 51 (6): 1413–8. PMC 292278. PMID 4336939. doi:10.1172/JCI106937.
- ↑ Ruch TC Fulton JF 1960 Medical Physiology and Biophysics. W.B. Saunders and Co., Phijl & London. On p1099.
- ↑ 21,0 21,1 Farrell G (1958). "Regulation of aldosterone secretion". Physiological Reviews 38 (4): 709–28. PMID 13590935. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2012.
- ↑ 22,0 22,1 Vecsei, Pál; Gláz, Edith (1971). Pergamon Press - New York, ed. Aldosterone. ISBN 0-08-013368-1. OCLC 186705.
- ↑ Farrell GL, Rauschkolb EW (1956). "Evidence for diencephalic regulation of aldosterone secretion". Endocrinology 59 (5): 526–31. PMID 13375573. doi:10.1210/endo-59-5-526. on 529
- ↑ 24,0 24,1 Venning EH, DyrenfurthY I, Beck JC (1957). "Effect of anxiety upon aldosterone excretion in man". J Clin Endocrinol Metab. 17 (8): 1005–8. PMID 13449153. doi:10.1210/jcem-17-8-1005.
- ↑ Elman R, Shatz BA, Keating RE, Weichselbaum TE (1952). "Intracellular and Extracellular Potassium Deficits in Surgical Patients". Annals of surgery 136 (1): 111–31. PMC 1802239. PMID 14934025. doi:10.1097/00000658-195208000-00013.
- ↑ Sharp GUG Leaf A 1966 in; Recent Progress in Hormone Research.(Pincus G, ed.
- ↑ Copstead, E. C. & Banasik, J. L. (2010.) Pathophysiology. (4th ed.). St. Louis, Mo: Saunders Elsevier.
- ↑ Marieb, E. N. (2004) Human anatomy and physiology (6th ed) San Francisco: Pearson Benjamin Cummings.
- ↑ Schneider EG, Radke KJ, Ulderich DA, Taylor RE (1985). "Effect of osmolality on aldosterone secretion". Endocrinology 116 (4): 1621–6. PMID 3971930. doi:10.1210/endo-116-4-1621.
- ↑ Dluhy RG, Axelrod L, Underwood RH, Williams GH (1972). "Studies of the control of plasma aldosterone concentration in normal man: II. Effect of dietary potassium and acute potassium infusion". J Clin Invest. 51 (8): 1950–7. PMC 292351. PMID 5054456. doi:10.1172/JCI107001.
- ↑ 31,0 31,1 31,2 New Assays for Aldosterone, Renin and Parathyroid Hormone Arquivado 27 de outubro de 2011 en Wayback Machine. University of Washington, Department of Laboratory Medicine. Retrieved Mars 2011
- ↑ 32,0 32,1 32,2 Conversión a partir dos valores das masas utilizando unha masa molar de 360,44 g/mol
- ↑ Conn JW, Louis LH (1955). "Primary aldosteronism: a new clinical entity". Trans. Assoc. Am. Physicians 68: 215–31; discussion, 231–3. PMID 13299331.