Miguel Fleta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Burró Fleta 1 de decembro de 1897 Albalate de Cinca (España) |
Morte | 29 de maio de 1938 (40 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | uremia |
Lugar de sepultura | Panteón de Miguel Fleta (en) |
Outros nomes | Miguel Fleta |
Educación | Conservatorio Superior de Música do Liceo |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Período de actividade | 1919 - |
Empregador | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
Xénero artístico | Zarzuela e ópera |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Fillos | Javier Fleta, Paloma Fleta Mirat, Elia Fleta Mirat |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Miguel Fleta, nado en Albalate de Cinca (provincia de Huesca) o 1 de decembro de 1897 e finado na Coruña o 28 de maio de 1938, foi un tenor lírico español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Recibiu a súa primeira formación musical no seo familiar e, posteriormente, en Zaragoza, coa profesora Luisa Pierrick, que logo sería a súa compañeira, ademais da súa mentora e guía. Nos anos seguintes continuou a súa formación en Barcelona e máis tarde en Milán.
Debutou no Teatro Comunale Giuseppe Verdi de Trieste interpretando a Paolo o Belo na ópera Francesca dá Rimini de Riccardo Zandonai baixo a batuta do propio compositor, o 14 de decembro de 1919. En 1923 fixo o mesmo papel en Metropolitan de Nova York. Durante a década dos anos 20 realizou xiras por todo o mundo, percorrendo toda Europa e gran parte de América. En 1926 participou na estrea, na Scala de Milán, da ópera Turandot, de Giacomo Puccini, que quedara sen rematar debido ó seu falecemento. Nesta ocasión, estivo dirixida polo mestre Arturo Toscanini.
A súa estancia en América e a influencia de persoas fixeron de Fleta unha persoa dispendiosa en gastos. O seu declive iniciouse en 1927. Unha farinxite aguda fíxolle rescindir os seus contratos coa Ópera do Metropolitan.
Cando recuperou a súa voz, nunca máis foi a mesma. Con todo, retomou as xiras, e foi ao Xapón, á China e a América do Sur.
No momento da proclamación da Segunda República en España, Fleta abrazou a causa republicana e chegou a facer unha gravación do Himno de Riego. Logo, e ao parecer, por influencia do propio José Antonio Primo de Rivera, afiliouse á falange. Ao estalar a guerra civil, trasladouse á Coruña e colaborou brevemente en campañas de propaganda.
Faleceu o 28 de maio de 1938 a consecuencia dunha uremia.
A Carreira
[editar | editar a fonte]Fíxose cun importante repertorio operístico. Destacan as súas interpretacións do papel de Radamés en Aida de Verdi, e o de Don José, en Carmen de George Bizet. Con esta última debutou no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
A ampla discografía de Fleta quedou recollida en discos de 78 rpm. A maior parte da súa produción centrouse no mundo da ópera (La Bohème e Tosca de Giacomo Puccini, I Puritani de Vincenzo Bellini, Lohengrin de Richard Wagner, Carmen de George Bizet ou Aida de Giuseppe Verdi). Tamén, no xénero da zarzuela deixou rexistros, entre outros, de La Marina de Emilio Arrieta e Doña Francisquita de Amadeo Vives. Ademais, gravou cancións de Brahms e aires populares, como xotas, nanas ou himnos.
Para a historia da música operística en España e América Latina queda a rivalidade dos grupos de seguidores de Miguel Fleta e doutro tenor español moi famoso para a época, Hipólito Lázaro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Tivo unha relación con Luisa Pierrick, con que tivo dous fillos, e separáronse en 1926. De regreso a España casou en Salamanca con Carmen Mira, con quen tivo outros dous fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |