Saltar ao contido

área

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     area

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «área».
  • Pronuncia: [ˈa.ɾe̯.ɐ] (AFI)

Substantivo feminino

área (sg: área; pl: áreas)

  1. Parte específica dunha superficie máis ampla.
  2. (Metroloxía) Unidade de superficie que equivale a 100 m2. O seu símbolo é a.
  3. Actividade ou ámbito de coñecemento.
    • Exemplo: Foi un gran antropólogo. Nesa área ninguén era quen de superalo.

    • Sinónimos: ámbito, campo, eido.
  4. (Deportes) En fútbol, a zona próxima á portería, delimitada por liñas brancas.

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

área (sg: área; pl: áreas)

  1. área

Observacións

  • Aínda que esta palabra ten xénero feminino, cando vai inmediatamente precedida polo artigo determinado singular emprégase a forma masculina deste (el). No caso dos indefinidos pódense empregar tanto as formas masculinas (un, algún, ningún) como as femininas (una, alguna, ninguna).