rodo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈro.ðʊ] (AFI)
rodo (sg: rodo; pl: rodos)
- Ferramenta agrícola para xuntar o grao trala malla, semellante a un angazo pero formado por unha táboa semicircular ou semilunar cun longo mango.
- Sinónimos: trollo.
- Pau longo rematado nunha pa que se utiliza para remexer ou retirar as brasas do forno, mover e sacar os pans etc.
- Sinónimos: zoscadoiro.
- Pau longo para remexer a sardiña no pío do salgadoiro.
- Especie de legón de pa larga e recta, usado para traballar nos prados ou romper os terróns ó labrar.
- Especie de legón pequeno que usan os albaneis para remexer a masa.
- Cilindro pesado, de pedra ou cemento, para achandar a terra.
- Reforzo interior na parte inferior da saia ou do vestido.
- Exemplo: O meu refaixiño novo/ lévam'o rodo acabado./ As malas lenguas d'o mundo/ xa lle ten outro botado.
- Exemplo: O meu refaixiño novo/ lévam'o rodo acabado./ As malas lenguas d'o mundo/ xa lle ten outro botado.
- Rodela de tea, herba ou palla que poñen as mulleres na cabeza cando levan unha carga pesada.
- Sinónimos: rodela.
- Parte central e prominente dun palleiro.
- Ferramenta de madeira para golpear os ourizos e soltar así as castañas.
- Viga nos hórreos que tiñan o teito de palla.
- Alfombra ou esteira para o chan das habitacións.
- Moño en forma de rosca que se fan as mulleres na caluga.
- Pau longo rematado nunha roda de madeira para calcar as uvas no lagar cando fermentan.
- Sinónimos: galla.
- Cubo de pedra do lagar, que fai de peso e obriga á viga a presionar as uvas.
- Canizo para achandar a terra antes de sementar, feito de ramas trenzadas.
- Sinónimos: canizo.
- Corte de herba que se fai coa gadaña, en redondo.
- Pedra colocada transversalmente sobre as cepas dun hórreo.
- Observacións: Cf. tornarratos.
- Rodaballo pequeno.