leirón
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín lyron, do grego antigo λύρος.
- Pronuncia: /lejˈɾoŋ/ (AFI)
leirón (sg: leirón; pl: leiróns)
- (Zooloxía) Roedor da familia dos glíridos (Gliridae ou Myoxidae), esciuromorfo, do que existen varias subfamilias, xéneros e especies, que se pode encontrar en Eurasia e África. Son de pequeno tamaño, de 18 a 26 cm, similares ao rato, de pelaxe gris escura ou castaña no lombo e branca na parte inferior. Con longos períodos de hibernación.