Saltar ao contido

estender

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /es.teŋ.ˈðeɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

estender

  1. Facer que algo ocupe un espazo maior que o que antes ocupaba, ou que chegue a máis xente.
    • Exemplo: Hai que estender a roupa por todo o campo para que seque. Pasou a vida estendendo as súas ideas.

  2. Espallar o que está amontoado, xunto ou espeso.
    • Exemplo: Tes que estender a herba segada para que seque. Estou estendendo a pintura pola parede.

  3. Estirar, desenvolver o desenrolar algo que estaba dobrado, enrolado ou encollido.
    • Exemplo: Estender as pernas. Desenrola a alfombra e esténdea pola sala

      .
  4. Poñer por escrito ou cubrir un documento.
    • Exemplo: Para pagar aos emoregados estendeu varios cheques.

  5. Facer máis amplo algo abstracto.
    • Exemplo: Co tempo foi estendendo os seus coñecementos

      .

Verbo pronominal

estender

  1. Chegar unha cousa a máis lugares ou a máis xente, pasar a abranguer máis espazo.
  2. Ocupar certa porción de terreo.
  3. Empregar certo tempo en algo.