Saltar ao contido

esencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «esencia».
Un só aceite esencial pode estar composto por moitas substancias químicas complexas
  • Pronuncia: /e.ˈsɛŋ.θi̯a̯/ ou /e.ˈsɛŋ.si̯a̯/ (AFI)

Substantivo feminino

esencia (sg: esencia; pl: esencias)

  1. Aquilo que define a natureza propia dun ser ou dunha cousa, que é o que constitúe o seu fundamento e o que o diferencia dos demais.
  2. (Bioquímica) e (Tecnoloxía) As esencias, tamén chamadas aceites esenciais, son mesturas de varias substancias químicas sintetizadas polas plantas, que dan o aroma ou recendo característico a algunhas flores, árbores, froitos, herbas, especias e sementes. trátase de produtos químicos intensamente aromáticos, non graxos, volátiles e pouco densos, insolúbeis en auga e solúbeiss en alcohol, graxas, ceras e aceites vexetais. Denomínanse "esenciais" porque levan a esencia da planta, pero non porque sexan esenciais para a vida. Os termos esencias ou aceites esenciais aplícanse tamén ás substancias sintéticas semellantes preparadas a partir do alcatrán de carbón, e ás substancias semisintéticas preparadas a partir dos aceites naturais esenciais.

Termos relacionados