Saltar ao contido

cruzar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kɾu.ˈθaɾ/ ou /kɾu.ˈsaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

cruzar

  1. Poñer dúas cousas, unha sobre a outra, en forma de cruz.
    • Exemplo: Cruzar as pernas

      .
  2. Pasar dun lado ao outro de algo.
    • Exemplo: Crucei o río a nado

      .
  3. Intercambiar sucesivamente o que se expresa.
    • Exemplo: No último mes cruzáronse varias mensaxes.

  4. (Gandaría) Xuntar para a procreación aos machos coas femias de animais da mesma especie de diferentes razas, ou de especies diferentes, pero similares, co fin de mellorar as castas, no primeiro caso, ou para obter novos individuos con características de ambas no segundo.
    • Exemplo: Cruzando unha egua (Equus ferus caballus) cun burro (Equus africanus asinus) obtemos unha mula

      .

Observacións

Verbo pronominal

cruzarase

  1. Quedar algo colocado de través, oblicuamente ou dun lado a outro.
    • Exemplo: Cruzouse un xabarín na estrada e tivemos un accidente.

  2. Formarse unha cruz cando dúas estradas ou liñas se xuntan nun punto.
    • Exemplo: As dúas estradas crúzanse a 2 km do pobo. Dúas liñas paralelas nunca se cruzan.

  3. Encontrarse nun punto persoas ou cousas que seguen o mesmo camiño, pero en sentido contrario.
    • Exemplo: Cruceime con el baixo os soportais da rúa. Na estación de Santiago crúzanse os trens que van para Ourense e para Tui.

  4. (Gramática) Orixinar dúas palabras ou formas gramaticais outras que teñen caracteres de cada unha daquelas.
  5. (Veterinaria) Camiñar un animal cruzando os brazos ou as pernas.
  6. (Xeometría) Non cortarse nin ser paralelas dúas liñas rectas no espazo.

Observacións

Termos relacionados

cruzar o charco, cruzar os brazos, atravesar o charco, pasar o charco