cruz
Aparencia
Galego
cruz (sg: cruz; pl: cruces)
- (Xeometría) Figura xeométrica formada por dous trazos ou liñas que se cortan perpendicularmente, salvo excepcións, quedando un dos trazos, ou os dous, dividido pola metade.
- Exemplo: Por favor, asine na cela marcada cunha cruz.
- Exemplo: Por favor, asine na cela marcada cunha cruz.
- Instrumento formado por un madeiro vertical, cravado no chan, e outro horizontal, menor, atravesados en ángulo recto, utilizado para axustizar os condenados a morte.
- Exemplo: A pena de morte na cruz era especialmente dolorosa.
- Termos relacionados: crucifixión, execución, patíbulo.
- Exemplo: A pena de morte na cruz era especialmente dolorosa.
- (Relixión) Representación da cruz na que foi crucificado Cristo. Identifica os cristiáns.
- Exemplo: Unha sinxela cruz de madeira indicaba o lugar onde o soterraran.
- Exemplo: Unha sinxela cruz de madeira indicaba o lugar onde o soterraran.
- (Economía) Reverso das moedas. O nome vénlle do uso deste espazo para representar escudos de armas, divididos en cruz.
- (Botánica) Parte da árbore na que o tronco comeza a ramificarse.
- Exemplo: Adoitaba subir ata a cruz do carballo, e así pasar desapercibido.
- Exemplo: Adoitaba subir ata a cruz do carballo, e así pasar desapercibido.
- (Figurado) Sufrimento penoso e prolongado. Traballo dificultoso.
- Exemplo: Mirando o seu fillo drogadicto, pensaba ¡que cruz!
- Exemplo: Mirando o seu fillo drogadicto, pensaba ¡que cruz!
- (Tipografía) Signo en forma de cruz que se coloca xunto ó nome dunta persoa para indicar que morreu.
Observacións
Baixo na forma de A Cruz, O Cruz, Cruz de/do (seguido dun elemento identificador), Cruces e As Cruces existen numerosos topónimos en Galicia.
Tipos de cruz:
- cruz arcebispal
- cruz celta
- cruz de Calatrava
- cruz de Caravaca
- cruz de Malta
- cruz de Santiago
- cruz de Santo André
- cruz de Xerusalén
- cruz florenzada
- cruz gammada
- cruz grega
- cruz latina
- cruz patada, ou cruz templaria
- cruz potenzada
- cruz solar
Locucións:
- andar coa cruz ó lombo
- cada un ten a súa cruz
- cruz das agullas
- Cruz de Ferro
- Cruz de Maio
- cruz do carro
- cruz dos cadrís
- Cruz dos farrapos
- cruz e raia
- Cruz Vermella
- da cruz á data
- en cruz
- facerse cruces
- herba da cruz
- querer sacar cruces dun palleiro
- sinal da cruz