anatema
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín anathema, do grego antigo ἀνάθημα (anáthēma).
- Pronuncia: /anaˈtɛma̝/ /anaˈtema̝/ (AFI)
anatema (sg: anatema; pl: anatemas)
- (Relixión) Condena que recae sobre un membro dunha igrexa e se expulsa dela feita por unha autoridade eclesiástica.
- (Figurado) Condena moral ou maldición que se bota contra algo ou alguén.
- Persoa ou cousa condenada.