Saltar ao contido

aula

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'aw.la̯/ (AFI)

Substantivo feminino

aula

  1. Sala dun centro de ensino destinada ao desenvolvemento das clases.
    • Exemplo: Co descenso de alumnos, ampliamos, con dúas <aulas, a biblioteca da escola.

  2. (Por extensión) Sala destinada a reunións, asembleas, actos culturais, etc., situada xeralmente nun edificio público.
    • Exemplo: Programaron un ciclo de conferencias na aula de cultura do concello.

Sinónimos

clase (Para a 1ª acepción).

Termos relacionados

aula magna, aulario