manto
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /'maŋ.to̯/ (AFI)
manto (sg: manto; pl: mantos)
- Pano grande co que se cobre a cabeza e que pode chegar até a cintura ou até os pés.
- Exemplo: Nas imaxes da Virxe sempre aparece representada cun manto.

- Capa de cerimonia que chega, polo menos, até os pés.
- Exemplo: O rei posou para o pintor con manto e coroa.

- Por extensión, calquera cousa que se estende sobre outra, cubríndoa.
- Exemplo: Un manto de neve cubría o prado.

- (Xeoloxía) Capa interior da Terra situada entre a codia terrestre e o núcleo.
- Exemplo: O manto da Terra pódese dividir en tres capas segundo os distintos niveis de profundidade.

- (Zooloxía) Capa membranosa que rodea o corpo dos moluscos e dos braquiópodos.
- Exemplo: O manto das vieiras está rematado nas marxes por uns tentáculos sensitivos.