Xeberico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV |
Morte | 350 ↔ 365 |
Xuíz dos Tervingi | |
350 – 365 ← Aorico – Atanarico → | |
King of the Goths (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Paganismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Xeberico (en latín: Gebericus) foi, segundo a Getica de Xordanes (un escritor bizantino do século VI), un xefe militar tervingo (rei) do século IV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xeberico era fillo do nobre Hilderido, neto de Ovida e bisneto de Nidada.[1]
Segundo Xordanes, sucedeu a Ariarico e ao seu fillo Aorico no trono dos tervingos. No 334, dous anos despois de que se confirmase o foedus entre Ariarico e o emperador Constantino o Grande (reinado 306–337), dirixiu aos tervingos nun ataque contra os sármatas, os seus veciños do noroeste, que ese ano estaban divididos en dous grupos por mor dunha guerra civil: unha parte asentouse no interior do Imperio Romano e a outra estaba baixo a protección do rei vándalo asdingo Visumaro. Segundo Xordanes, Xeberico dirixiuse contra Visumaro, que foi derrotado no 335, e despois regresou ás súas terras no Baixo Danubio.[2]
Algún tempo despois desta vitoria, Xeberico morreu e foi sucedido polo amalo Hermanarico.[1] Este, mencionado por Amiano Marcelino como un rei dos grutungos, foi derrotado polos hunos do leste, quen derrotaran e uniron forzas aos alanos que vivían preto do río Don.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS, XXI, 112-XXII, 113". people.ucalgary.ca (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2022.
- ↑ Wolfram 1990, pp. 62-63
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press. ISBN 9780520069831.
Predecesor: Aorico |
Reis dos tervingos 350-360 |
Sucesor: Atanarico |
Predecesor: Aorico |
Reis ostrogodos 350-375? |
Sucesor: Vitimiro |