Saltar ao contido

Xamba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porta dunha igrexa en Coles, Cambeo. A pedra que atravesa a porta por riba é o lintel, as pedras dos lados da porta forman as xambas.

Denomínase xamba (do francés jambe 'perna', tomado da forma camba do latín vulgar)[1] ou macheta[2] a cada unha das dúas pezas labradas que, postas verticalmente nos dous lados das portas o fiestras, sosteñen o lintel ou o arco que os cobre[3]. Tanto se o muro da casa é de cachotería coma de cantaría as xambas adoitan ser pezas de perpiaño.

Outros sinónimos en galego son: agulla, pé dereito, mocheta, tranqueiro e ucheira[4].

Denomínase xambaxe ao conxunto formado polas xambas e o lintel dunha porta ou ventá[5].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Xamba". Portal das Palabras. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. Denominación en galego en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  3. Definición en Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  4. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xamba&sinom=0&homonimo= |título=Sinónimos no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=28 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160305165529/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xamba&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=05 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}
  5. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xambaxe&sinom=0&homonimo= |título=Definición no Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=28 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160307003659/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xambaxe&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=07 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]