Saltar ao contido

Wallis e Futuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWallis e Futuna
Territoire des îles Wallis-et-Futuna (fr) Editar o valor en Wikidata

HimnoLa Marseillaise Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°18′07″S 178°06′34″O / -14.30181, -178.10932
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalMatāʻutu Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.558 (2018) Editar o valor en Wikidata (42,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
Língua futunana (pt) Traducir
Lingua wallisiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie274 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude166 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Puke (pt) Traducir (524 m) Editar o valor en Wikidata
Creación1961 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
MoedaFranco CFP Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.wf Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+681 Editar o valor en Wikidata
Código de paísWF Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-WF Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE986 Editar o valor en Wikidata

Páxina webwallis-et-futuna.pref.gouv.fr Editar o valor en Wikidata

Wallis e Futuna, oficialmente o Territorio das illas Wallis e Futuna[1] (/ˈwɒlɪs ...fˈtnə/; francés: Wallis-et-Futuna [walis e futuna] ou Territoire des îles Wallis-et-Futuna, é unha colectividade francesa no Pacífico Sur, situado entre Tuvalu ao noroeste, Fidxi ao suroeste, Tonga ao sueste, Samoa ao leste, e Tokelau ao nordés.

A capital é Matāʻutu, tamén capital da illa Wallis e cidade máis grande. A súa superficie é de 14 242 km2 (5 499 sq mi). Tiña unha poboación de 11.558 no censo de 2018 (en comparación con 14.944 no censo de 2003).[2][3] O territorio está formado por tres principais illas tropicais volcánicas e unha serie de pequenos illotes. Divídese en dous grupos de illas que se atopan a uns 260 km (160 mi): Wallis (tamén coñecidas como Uvea) no nordés, as Illas Hoorn (tamén coñecidas como illas Futuna) no suroeste, incluíndo Futuna propiamente dita e a Illa Alofi, maioritariamente deshabitada, o arquipélago atópase entre Nova Caledonia e Tahití.

Desde o 28 de marzo de 2003, Wallis e Futuna é unha Colectividade francesa de ultramar (collectivité d'outre-mer, ou COM).[4] Entre 1961 e 2003 tivo a condición de territorio francés de ultramar (territoire d'outre-mer ou TOM). O seu nome oficial non cambiou cando cambiou o seu estado.

Estas illas de relevo volcánico e coas costas, protexidas por un cinto de arrecifes, son difícil acceso. O clima é tropical, caloroso e húmido.

As illas Wallis e Futuna son tres monarquías tradicionais : Wallis, Alo e Sigava, onde os reis gobernan con consellos elixidos e mailo representante do Estado francés.

A moeda é o franco CFP.

A pesar de que foron descubertas polos holandeses e os ingleses durante os séculos XVII e XVIII, foron os franceses os primeiros europeos en asentarse no territorio, isto coa chegada de misioneiros franceses en 1837 os cales converteron ao catolicismo á poboación local. O 5 de abril de 1842, os reis solicitaron a protección de Francia logo dunha rebelión por parte da poboación local. En abril de 1887, a Raíña de Uvea (na illa de Wallis) asinou un tratado establecéndose oficialmente o protectorado francés. Os reis de Sigave e Alo nas illas de Futuna e Alofí tamén asinaron un tratado establecendo o protectorado o 16 de febreiro de 1888. As illas foron postas baixo a autoridade do Imperio Colonial Francés de Nova Caledonia.

En 1917, os tres reinos tradicionais foron anexados a Francia e convertidos na Colonia de Wallis e Futuna, a cal seguiu baixo a autoridade de Nova Caledonia.

En 1959, os habitantes das illas votaron por converterse nunha Territorio de Ultramar Francés, estatuto que entrou en vigor en 1961, terminándose así a subordinación a Nova Caledonia.

Política

[editar | editar a fonte]

O territorio está dividido nos tres reinos tradicionais: Uvea na illa de Wallis, Sigave na parte occidental de Futuna e Alo na illa de Alofí e na parte oriental de Futuna. A capital do territorio é Mata-Utu, na illa de Wallis. Por ser un territorio de Francia, está rexido pola Constitución Francesa do 28 de setembro de 1958, usa o sistema legal francés e o voto é universal para aqueles maiores de 18 anos. O Alto Comisionado é elixido polo presidente francés, aconsellado polo Ministro do Interior francés, o Presidente do Goberno Territorial e a Asemblea Territorial son elixidos polos membros da asemblea.

O Xefe de Estado é o presidente de Francia, representado polo Alto Comisionado. O xefe de goberno é o Presidente da Asemblea Territorial. O Consello do Territorio está formado polos tres reis e por tres membros apuntados polo alto comisionado xunto coa Asemblea Territorial.

Wallis e Futuna elixen un senador para o Senado francés e un deputado para a Asemblea Nacional Francesa.

A xustiza é administrada baixo a Lei Francesa por un tribunal de primeira instancia en Mata-Utu, pero os tres reinos tradicionais administran a xustiza de acordo aos seus costumes (só en casos non criminais). A corte de apelacións esta en Numea, Nova Caledonia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa das illas Wallis e Futuna

Wallis e Futuna esta localizada a preto de dúas terceiras partes do camiño entre Hawai e Nova Zelandia.

O territorio inclúe a illa de Wallis (a máis poboada), e as Illas Hoorn formadas pola illa de Futuna, a illa inhabitada de Alofi (toda a poboación de Alofi foi comida polo pobo caníbal de Futuna nun só ataque no século XIX) e por 20 illotes inhabitados, sumando un total de 274 km² con 129 km de costa. O punto máis alto do territorio é Monte Singavi na illa de Futuna con 765 m.

Contan cun clima cálido e chuvioso dos meses de novembro a abril, e fresco e seco de maio a outubro. A precipitación anual é da orde dos 2500 a 3000 mm. A humidade media é do 80% e a temperatura de 26.6 °C.

Só o 5% da terra das illas é cultivable. A deforestación (só quedan pequenas porcións do bosque orixinal), en gran medida como resultado do uso da madeira como combustible, é un serio problema, e como consecuencia desta, o chan montañoso de Futuna atópase particularmente propenso á erosión. Non existen asentamentos permanentes en Alofí debido á falta de fontes de auga doce.

Imaxe por satelite da illa Wallis
Imaxe por satelite da illa Wallis
Imaxe por satelite da Futuna e Alofi, taméncoñecidas como Illas Hoorn
Imaxe por satelite da Futuna e Alofi, taméncoñecidas como Illas Hoorn
Illa Capital Outras cidades Superficiea (km2) Poboación[5]
Wallis e Futuna Matāʻutu Leava, Vaitupu, Alele, Liku, Falaleu, Utufua 142.42 11,558
Illas Hoorn (Illas Futuna e Alofi) Leava Fiua, Nuku, Taoa, Mala'e, Ono, Vele 64.1 3,225
Alofi 17.8 1
Futuna Leava Toloke, Fiua, Vaisei, Nuku, Taoa, Mala'e, Kolopelu, Ono, Kolia, Vele, Kolotai, Laloua, Poi, Tamana, Tuatafa, Tavai 46.3 3,225
Faioa 0.68 0
Fenuafo'ou 0.03 0
Fugalei 0.18 0
Ilot St. Christophe Chappel St. Christophe 0.03 0
Luaniva 0.18 0
Nukuatea 0.74 0
Nukufotu 0.04 0
Nukuhifala Nukuhifala 0.067 4
Nukuhione 0.02 0
Nukuloa Nukuloa 0.35 10
Nukutapu 0.05 0
Nukuteatea 0.1 0
Outras Nukuato 0.043 0
Tekaviki 0.01 0
Wallis Mata-Utu Vaitupu, Alele, Liku, Falaleu, Utufua, Mala'efo'ou, Mala'e 75.8 8,333
Other 0 0
Wallis e Futuna Mata-Utu Leava, Vaitupu, Alele, Liku, Falaleu, Utufua 142.42 11,558

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do territorio esta limitada á agricultura de subsistencia, co 80% da poboación traballando na agricultura (cocoteiros e vexetais), gandería (porcos principalmente) e pesa. Cerca do 4% da poboación é empregada no goberno. Os principais ingresos proveñen dos subsidios do goberno francés, licenzas de pesca outorgados ao Xapón e Corea do Sur, impostos por importacións e as remesas dos traballadores expatriados en Nova Caledonia.

O produto interno bruto en 1995 foi de US$ 28.7 millóns, preto de US$ 2,000 per capita. O territorio ten ingresos de preto de US$20 millóns anuais, contra gastos por US$17 millóns.

A principais industrias do territorio son a copra, utensilios, pesca e a madeira. A produción de alimentos inclúe o froito da árbore do pan, plátanos, cocos, porcos e ovellas. O comercio exterior realízase sobre todo con Francia, Australia e Nova Zelandia.

O territorio utiliza o Franco CFP, do mesmo xeito que os outros territorios franceses no Pacífico: Nova Caledonia e a Polinesia Francesa. O Franco CFP está atado ao Euro a unha taxa de 1,000 XPF = 8.38 Euros.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O total da poboación do territorio en 2003 foi de 14.944 (67,4% na illa de Wallis, 32.6 en Futuna), a gran maioría é de orixe polinesio e en menor proporción de orixe francesa. Máis de 16.025 persoas orixinarias de Wallis e Futuna viven expatriados en Nova Caledonia. A maioría da poboación profesa a fe católica, falan francés e o idioma polinesio local. A metade da poboación con máis de 15 anos sabe ler e escribir.

A cultura das illas é tipicamente polinesia. Notablemente a música das illas conta cunha rica tradición.

Transporte e Comunicacións

[editar | editar a fonte]

En 1994 o territorio tiña 1.125 teléfonos en uso, 1 estación de radio AM e 2 estacións de televisión. Na illa de Wallis existen preto de 100 km de estradas, 16 pavimentados, mentres que en Futuna só hai 20 km, ningún pavimentado. O territorio conta con dous portos, Leava (na illa de Futuna), e Mata-Utu, o cal alberga á mariña mercante consistente de 3 barcos totalizando 92.060 GRT: 2 barcos de pasaxeiros e un petroleiro. Existen 2 aeroportos, un cunha pista pavimentada de 2.000 m de longo e outra con 1.000 m sen pavimentar.

Referencias
  1. Modelo:Cite French law.
  2. INSEE. "Les populations légales de Wallis et Futuna en 2018". Consultado o 2019-04-07. 
  3. INSEE. "Wallis et Futuna a perdu près du cinquième de sa population en dix ans" (en francés). Consultado o 2019-04-07. 
  4. "Wallis-et-Futuna". outre-mer.gouv.fr (en francés). Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  5. "Population municipale des villages des îles Wallis et Futuna (recensement 2018)". INSEE. Consultado o 21 de febreiro 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]