Vari Caramés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Vari Caramés Medín, nado en Ferrol en 1953, é un fotógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Ferrol e asentado na Coruña, comezou a fotografar con quine anos, cando o seu pai lle regalou unha cámara Voigtlander[1] A súa primeira exposición foi na Coruña en 1980, cidade onde ao longo da súa carreira expón reiteradamente. En 1986 foi invitado a participar no proxecto vigovisión, da II Edición da Fotobienal, certame hoxe con fama internacional, no que seis fotógrafos de diferentes países debían retratar Vigo durante unha semana. Colectivamente expuxo en diferentes cidades de Galiza, así como en Madrid, Santander, Lisboa, Braga, Córdoba e Quimper (Francia).
Estilo
[editar | editar a fonte]Na súa obra hai unha nostalxia acusada, desde a deliberada intemporalidade que imprimen as súas imaxes, nas que o plástico imponse ao testemuñal, aínda que, ao fin rematan sendo emotivos documentos definidores dun lugar, un ambiente, unha situación. Interésalle máis o pormenor, o miúdo, que a totalidade.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álbum Vari Caramés. Vigo. Centro de Estudos Fotográficos, 1989.
- Vigovisións. 2ª Fotobienal. Vigo, 1986.
- Portafolio. Colección de traballos en diversas publicacións. A Coruña, 1990.
- VV.AA.: Vari Caramés "Visión Animal" . Compostela, Xunta de Galicia, 1996 (con ampla referencia bio- bibliográfica).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vari Caramés y el efecto Tuymans Arquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine., por Cristina Anglada
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Vari Caramés |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vari Caramés na Colección Afundación.
- Galería de imaxes Arquivado 20 de agosto de 2008 en Wayback Machine. e texto do fotógrafo Arquivado 24 de xullo de 2008 en Wayback Machine., escrito a raíz da súa inclusión na Galería cefvigo.
- Reportaxe sobre a súa exposición Recreo (vídeo)