Uxía Casal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1957 (67 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora, escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Uxía Casal Silva, nada en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957, é unha escritora galega de literatura xuvenil de ficción científica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979 e en Filoloxía Española en 1984 na Universidade de Santiago de Compostela. Nese último ano marchou para Ourense, onde deu clase de Lingua e Literatura Galegas durante dezaoito anos.[2] Xubilada en 2003 por problemas de saúde. Viviu en Nigrán e Ribeira.[3]
O colectivo A Sega escolleuna como A Nosa Señora das Letras do 2021, no VIII Día das Galegas nas Letras.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Un ano de fábula en catro estacións (1994). Sotelo Blanco. 88 páxs. Ilustracións de Ana Costas. ISBN 978-84-7824-211-5.
- As ás de Xenoveva (1996). Galaxia, Árbore. 132 páxs. ISBN 978-84-8288-759-3.
- Saturno tamén é deus (1997). Galaxia, Descuberta. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-163-8. Relatos.
- O faro de Arealonga (2001). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-8302-707-3. ePub: ISBN 978-84-9121-173-0. Novela.
- Sede en Ourense (2005). Galaxia, Costa Oeste. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-798-2. Novela.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Vidas exemplares (2006). Xerais. 160 páxs. ISBN 9788497824699. Relatos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón.
- Narradoras (2000). Xerais.
- Longa lingua (2002). Xerais.
- Tarde de aventuras, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (2006). Xunta de Galicia.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008). Foreign Demand.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-02-25.
- ↑ "Uxía Casal". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-25.
- ↑ "Uxía Casal". www.aelg.gal. Consultado o 2021-02-25.
- ↑ Diario, Nós. "Uxía Casal será a homenaxeada no VIII Día das Galegas nas Letras". Nós Diario. Consultado o 2021-02-25.