Orraca de Portugal
Nome orixinal | (pt) Urraca de Portugal |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1148 Coímbra, Portugal |
Morte | 1211 (Gregoriano) (62/63 anos) Valladolid, España |
Lugar de sepultura | Church of Saint Mary, Wamba (en) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Outro | |
Título | Lista de rainhas de Leão (pt) Infanta de Portugal (pt) Raíña consorte |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Fernando II de Galiza e León (1165 (Gregoriano), 1165 (Gregoriano)–1175 (Gregoriano)), nulidade matrimonial |
Fillos | Afonso VIII de León e Galicia |
Pais | Afonso I de Portugal e Mafalda de Savoia |
Irmáns | Sancho I de Portugal Fernando Afonso de Portugal, Grão-mestre do Hospital Tareixa de Portugal Mafalda de Portugal Sancha de Portugal I Pedro Afonso de Portugal Henrique de Portugal Urraca Afonso de Portugal |
Orraca de Portugal[1], tamén coñecida coa variante Urraca de Portugal, ou tamén Orraca de Borgoña e Orraca Henriques, nada en Coímbra en 1150,[2] e finada en 1211 en Valladolid, [3] [4] foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de León e Galicia polo seu matrimonio co rei Fernando II de León e Galicia.
Era filla de Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, e da súa esposa, a raíña Mafalda de Savoia. Foi irmá, entre outros, do rei Sancho I de Portugal.
Foi a nai do rei Afonso IX de León e Galicia e avoa de Fernando o Santo, rei de Castela e León.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Urraca naceu en Coímbra, no ano 1150. Antes do nacemento de Urraca, os reis tiveran un fillo varón, Henrique, que morreu moi novo, con 10 anos de idade.[5]
Na época na que Urraca naceu, a atribución dos nomes dos infantes era feita segundo unha norma. O usual era que se o primoxénito fora un neno recibise o nome do avó paterno, mentres que se era unha nena recibía o da avoa. Cos segundos fillos o criterio era o mesmo, apenas coa diferenza de seren os nomes dos avós maternos.
A pesar diso, a primeira filla de Mafalda e Afonso recibiu o nome da irmá deste último, Urraca Henriques, infanta de Portugal, casada co nobre galego Vermudo Pérez de Traba.
Urraca casou en maio ou xuño de 1165, aos 15 anos de idade, con Fernando II de León e Galicia, de 28 anos, fillo de Afonso VII, rei de Galicia, León, Castela e Toledo, o Emperador, e Berenguela de Barcelona, que era seu primo en segundo grao, xa que os seus pais, Afonso I Henriques e Afonso VII, respetivamente, eran primos carnais e as súas avoas paternas, Tareixa de León e Urraca de León, medias irmás.
Este casamento inaugurou os varios enlaces matrimoniais que o reino de Portugal estableceria cos restantes reinos ibéricos, seus veciños.
O matrimonio tivo un único fillo, o infante Afonso, futuro Afonso VII de Galicia e León, nacido en Zamora o 15 de agosto de l171,[6] cuxa lexitimidade foi cuastionada cando o casamento dos pais foi disolvido polo papa Alexandre III en 1175, e os contraentes foron forzados a separarse. Esta anulación debeuse á proximidade de parentesco entre o matrimonio.
Despois de anularse o matrmonio, Urraca fíxose freira, na Orde de San Xoán de Xerusalén, e pasou a vivir nos municipios zamoranos que o seu esposo o rei lle concedeu cando casaran. Retiraríse máis tarde no Mosteiro de Santa María, en Wamba, Valladolid, que pertencía a esa orde relixiosa.[7]
O 25 de maio de 1176, Urraca doou varias terras e vilas á dita Orde de San Xoán onde ingresara, probabelmente coincidindo co seu ingreso. Entre elas estaban Castroverde de Campos e Mansilla en León, e Salas e San Andrés (en Samartín del Rei Aurelio en Asturias.[8]
O 22 de xaneiro de 1188, o seu exmarido Fernando falece, e foi sucedido polo fillo de Urraca, Afonso. Xeralmente os fillos concibidos de unións disolvidas eran considerados ilexítimos e, por tanto, incapacitados para suceder no trono, pero o papa foi condescendente na lexitimidade deste fillo.
Urraca asistiu á coroació do seu fillo Afonso como Afonxo IX de Galicia e León, e o 4 de maio dse ano xa confirmaban xuntos os privilexios concedidos polo defunto rei á Orde de Santiago.[7] Isto podería probar o seu regreso á Corte, despois de anos afastada pola disolucón do seu matrimonio.[9] Urraca aparece por última vez nun documento de 1211, cando doou a vila de Castrotorafe á catedral de Zamora, tamén parte do dote que seu o marido lle dera cando casaran en 1165.[3] [4]
Descendencia
[editar | editar a fonte]Froito do seu matrimonio co rei Fernando II de Galicia e León, fillo de Afonso VII o Emperador, naceu un fillo:
- Afonso IX de Galicia e León (1171-1230), que sucedeu ao seu pai no trono leonés cando este faleceu.
Sepultura
[editar | editar a fonte]Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Urraca de Portugal recibiu sepultura no Mosteirio de Santa María de Wamba, que pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén.[7]
No interior da igrexa de Santa María de Wamba, que formou parte dun mosteiro desaparecido na actualidade, encóntrase a chamada "Capela da Raíña" onde se colocou un epitafio, posterior á defunción da raíña, no que se relata que a raíña Urraca de Portugal recibiu sepultura en dita igrexa.[10]
Predecesor: Riquilda de Polonia |
Raíña consorte de León e Galicia 1165 - ¿1171/1172? |
Sucesor: Tareixa Fernández de Traba |
Antepasados
[editar | editar a fonte]16. Roberto I, duque de Borgoña | ||||||||||||||||
8. Henrique de Borgoña | ||||||||||||||||
17. Helie de Semur | ||||||||||||||||
4. Henrique de Borgoña, conde de Portugal | ||||||||||||||||
9. Sibila de Barcelona | ||||||||||||||||
2. Afonso I de Portugal | ||||||||||||||||
20. Fernando I de León e Castela | ||||||||||||||||
10. Afonso VI de León e Castela | ||||||||||||||||
21. Sancha de León | ||||||||||||||||
5. Tareixa de León, condesa de Portugal | ||||||||||||||||
11. Ximena Muñoz | ||||||||||||||||
1. Urraca de Portugal | ||||||||||||||||
24. Amedeo II de Savoia | ||||||||||||||||
12. Humberto II de Savoia | ||||||||||||||||
25. Xoana de Xénova | ||||||||||||||||
6. Amedeo III de Savoia | ||||||||||||||||
26. Cguillerme I, conde de Borgoña | ||||||||||||||||
13. Xisela de Borgoña | ||||||||||||||||
27. Estefanía | ||||||||||||||||
3. Mafalda de Savoia | ||||||||||||||||
28. Guigues II de Albon | ||||||||||||||||
14. Guigues III de Albon | ||||||||||||||||
29. Adelaida de Royans | ||||||||||||||||
7. Mahaut de Albon | ||||||||||||||||
15. Matilda | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Orraca na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Mattoso 2014, p. 226.
- ↑ 3,0 3,1 Gross 1998, pp. 1226-227.
- ↑ 4,0 4,1 Rodrigues Oliveira 2010, p. 79.
- ↑ Caetano de Sousa 1735, p. 51 e ss, do Livro I, Cap. II.
- ↑ Arco y Garay 1954, p. 167, capítulo XII.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Arco y Garay 1954, p. 168, capítulo XII.
- ↑ García Tato, 2004 & pp 133-134, doc. 31.
- ↑ Cassotti 2009, pp. 37.
- ↑ Elorza et al. 1990, p. 57.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orraca de Portugal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Palenzuela, Vicente Ángel (2007): Historia de España de la Edad Media, Barcelona: Ariel. ISBN 84-3446-668-6.
- Arco y Garay, Ricardo (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
- Caetano de Sousa, António (1735): [http://purl.pt/776/4/hg-2593-v/hg-2593-v_item4/hg-2593-v_PDF/hg-2593-v_PDF_24-C-R0150/hg-2593-v_0000_1-800_t24-C-R0150.pdf Historia Genealógica da Real Casa Portugueza. Tomo I. Livro I. Capítulo. II, pp. 51 e ss. Lisboa: Lisboa Occidental, na oficina de Joseph Antonio da Sylva.
- Carriedo Tejedo, Manuel e Carlos Estepa Díez (1997): Historia de León, Volumen II. El Reino de León en la Edad Media. León: La Crónica de León. ISBN 84-9205-578-2.
- Cassotti, Marsilio (2009): Infantas em Portugal, Rainhas em Espanha. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 84-0008-250-8.
- Cuevas Aller, Joaquín (2007): Historia de Asturias y León. El nacimiento de España. León: Trobajo del Camino. ISBN 978-84-6120-822-7.
- García Tato, Isidro (2004): Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental, Tomo I. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (CSIC). ISBN 84-0008-250-8.
- Gross, Georg (1998): "El fuero de Castrotorafe (1129). Transición a la documentación romanizadora". Madrid: Boletín de la Real Academia de la Historia, Volume CXCV, Caderno II, páxinas = 221-229.
- López Carreira, A e Fernández Cal, T. (2003): Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-9620-327-1.
- Lopes Botelho, Manuel e Mário Simões Dias (2009): Foral Leonês de Alfaiates (1188-1230). Vila Viçosa: Manuel Lopes Botelho / Coimbra: Mário Simões Dias. Edição dos autores. ISBN 978-98-9960-890-0.
- López Sangil, José Luis (2005): A nobreza altomedieval galega: a familia Froilaz Traba. Noia: Editorial Toxoutos. Serie Trivium, nº 8. ISBN 84-9625-951-X.
- Martínez Díez, Gonzalo (2007): Alfonso VIII, rey de Castilla y Toledo (1158-1214). Gijón: Ediciones Trea. ISBN 978-84-9704-327-4.
- Martínez Martínez, Martín (1997): Cartulario de Santa María de Carracedo (992-1500). Vol. I: 992-1274. Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos. ISBN 84-8863-507-9.
- Mattoso, José (2014): D. Afonso Henriques. 2ª ed. Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-97-2759-911-0.
- Pérez González, Maurilio (1997): Crónica del Emperador Alfonso VII. León: Universidad de León. Secretariado de Publicaciones. ISBN 84-7719-601-X.
- Rábade Obradó, María del Pilar; Eloísa Ramírez Vaquero e Jan F. Utrilla Utrilla (2005): Historia de España. Vol. 7. La dinámica política. Madrid: Ediciones AKAL.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010): Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-98-9626-261-7.
- Serrano, Secundino, dir. (1991): Enciclopedia de León. Volumen I. León: La Crónica de León. ISBN 84-9205-574-X.
- Serrano, Secundino, dir. (1991): Enciclopedia de León. Volumen II. León: La Crónica de León. ISBN 84-9205-575-8.
- VV.AA. (1996): Reyes de León. León: EDILESA. ISBN 84-8012-135-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Urraca Bourgogne (abt. 1150 - abt. 1211) en WikiTree.
- Ficha xenealóxica da raíña Urraca de Portugal Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.. Fundación Casa Ducal de Medinaceli.