Transporte intermodal
- Este artigo trata do transporte de mercadorías. Para a noción similar relacionada co transporte de pasaxeiros ver o artigo Intermodalidade.
O transporte intermodal é aquel que require tráfico mixto ou múltiplo, implicando máis dunha ou varias modalidades de transporte. Está indicado para alcanzar lugares de difícil acceso.[1]
Transporte intermodal de mercadorías
[editar | editar a fonte]Inicialmente o termo transporte intermodal aplicábase ao transporte de materiais e mercadorías, xa que conxugaba a articulación entre diferentes modos de transporte a fin de realizar máis rápida e eficazmente as operacións de transbordo destes produtos. As subdivisións de transporte terrestre (camión e ferrocarril) e as subdivisións do transporte por auga (transporte marítimo, transporte por ríos navegábeis ou transporte por canais), considéranse como modos diferentes. Para este tipo de transporte utilízanse xeralmente contedores.
Por exemplo, o transporte de cargas pode iníciarse desde unha cooperativa de produtores de grans (de cereais ou de legumes), que os empaquetan en embalaxes primarias (como sacos de pásticos) ou secundarias (fardos de papel kraft), despois diso o transporte iníciase co uso de camións que levan o produto nestas embalaxes até un terminal ferroviario sendo a mercadoría acondicionada nun contedor que, á súa vez as descarga noutro terminal ferroviario nun gran centro loxístico, e para a súa entrega ao consumidor será novamente necesario un novo medio de transporte capaz de desenvolver a entrega con axilidade e precisión. Así tivemos primeiramente un transporte por estrada, despois outro ferroviario e por fin outro transporte por autoestrada, constituíndo un transporte intermodal (varias modalidades de transporte).
As estacións intermodais
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estación intermodal.
A definición da Conferencia de Ministros de Transporte de Europa, di que o tansporte itermodal é o que se fai por camión a distancias o máis curtas posíbeis e, a longa distancia, por ferrocarril ou por auga. Nesta definición a referencia á distancia máis longa/curta, confunde.
Por outra parte, o común da xente amplía o concepto de transporte intermodal ao tránsito de viaxeiros (transporte intermodal de pasaxeiros), alén do de mercadorías. E así xorde o novo concepto de estación intermodal. Este tipo de estación é unha infraestrutura construída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodrigues, Rui (15 de novembro de 2004). "Transporte intermodal" (PDF). Maquinistas.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jean-Paul Rodrigue, Claude Comtois & Brian Slack (2006): The Geography of Transport Systems. Routledge. ISBN 978-0-4153-5441-7.