Tolomeo II Filadelfo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 308 a. C. Cos, Grecia |
Morte | 246 a. C. (61/62 anos) Alexandría, Exipto |
Faraón | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Período helenístico, Exipto grecorromano, Dinastía Tolemaica e History of Ptolemaic Egypt (en) |
Outro | |
Título | Faraón (282 a. C.–246 a. C.) |
Familia | Dinastía Tolemaica |
Cónxuxe | Arsínoe I Arsínoe II |
Parella | Bilistiche Kleino Stratonice Stratonice of Libya Mnesis |
Fillos | Lisímaco () Arsínoe I Ptolomeo III Everxetes () Arsínoe I Berenice () Arsínoe I Ptolemaios Andromachou () Bilistiche |
Pais | Tolomeo I Sóter e Berenice I |
Irmáns | Ptolemeu Cerauno Meleagro da Macedónia Magas de Cirene Antigona do Épiro Lisandra Texena Arsínoe II Ptolemaida Philotera Irene |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Tolomeo Filadelfo (grego antigo: Πτολεμαῖος Φιλάδελφος Ptolemaȋos Philádelphos;[1] Cos 308 a.C.[2] [3]; [4] xaneiro 246 a.C.[5] [6]) chamado na historiografía moderna Tolomeo II, foi un faraón exipcio pertencente ó período tolemaico, segundo gobernante da dinastía, co-rexente dende 285 a.C. e único monarca dende 282 a.C. ata súa morte.
Despois de asumir o trono do seu pai no Exipto e ter casado coa súa irmá Arsínoe II, Tolomeo participou activamente en moitas guerras, intentando ampliar o seu dominio na Anatolia, Siria, Cirenaica e Grecia: loitou na primeira guerra siria (274-271 a.C.), na guerra cremonidiana (268-261 a.C.) e na segunda guerra siria (260-253 a.C.), e tamén noutros pequenos conflitos, conseguindo conquistar territorios na Anatolia e obter diversas alianzas coa cidade-estado e as ligas gregas, opóndose ao imperio Seléucida e ao reino de Macedonia. Nos últimos anos procurou facer as paces co seu medio-irmán Magas, rei de Cirene, e reavivar a economía e movementación cultural do seu reino, tras longos períodos de guerra.
Durante o seu reinado, foran promovida varias reformas destinadas a mellorar a economía, intentando dar máis poder á autoridade estatal retirándoo dos centros relixiosos. Tamén baixo Tolomeo II Alexandría converteuse nun gran centro do período helenístico, grazas á institución dos xogos tolemaicos e ao forte impulso cultural proporcionado pola Biblioteca e polo Museo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clayton (2006) p. 208
- ↑ Teocrito, Encomio di Tolomeo & v. 64.
- ↑ Clayman 2014, p. 67.
- ↑ Hölbl 2001, p. 24.
- ↑ Bierbrier 2008, p. 184.
- ↑ Whitehorne 2002, p. 204.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clayton, Peter A. (2006). Chronicles of the Pharaohs: the reign-by-reign record of the rulers and dynasties of ancient Egypt. Thames & Hudson. ISBN 0-500-28628-0.
- Teocrito; Richard Hunter (2003). University of California Press, ed. Encomium of Ptolemy Philadelphus. ISBN 9780520235601. Hunter 2003.
- Günther Hölbl (2001). Psychology Press, ed. A History of the Ptolemaic Empire. ISBN 9780415234894. Hölbl 2001.
- Morris L. Bierbrier (2008). Scarecrow Press, ed. Historical Dictionary of Ancient Egypt. ISBN 978-08-108-6250-0. Bierbrier 2008.
- John Whitehorne (2002). Routledge, ed. Cleopatras. ISBN 978-1-134-93216-0. Whitehorne 2002.