Saltar ao contido

Tommy Gemmell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTommy Gemmell

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Thomas Gemmell Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Motherwell, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1961–1971 Celtic F.C. 247(37)
1971–1973 Nottingham Forest FC 39(6)
1973–1973 Miami Toros 0(0)
1973–1977 Dundee F.C. 94(8)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1968 Scottish Football League XI 5(0)
1966–1971   Escocia 18(1)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Dundee F.C. Editar o valor en Wikidata

UEFA: 37376 Editar o valor en Wikidata

Thomas Gemmell, nado en Glasgow o 16 de outubro do 1943, foi un futbolista escocés.

Alcumado coma Big Tam por se-lo xogador máis grande do Celtic da súa época cunha estatura de arredor do 1.90 metros, destacou por ser un daqueles lendarios Lisbon Lions que acadaron a única Copa de Europa aló polo 1967 para o conxunto católico. Cos verdibrancos xogou 418 partidos metendo 63 goles dos que 31 foron de penalti (era a súa especialidade).

Sempre cando xogou ó fútbol desenvolveu o rol de lateral esquerdo, demarcación na que defendeu a camisola do Coltness United, Celtic, Nottingham Forest e Dundee F.C. por esta orde. Este home logrou o gol que supuña a igualada momentánea nesa final do 1967 xogada no Estadio Nacional de Lisboa cun tanto de factura espectacular. E tamén foi quen de asina-lo tanto da final da Copa de Europa de 1970 na que o Celtic non puido co Feyenoord.

Tamén tivo a honra de poder representar á selección escocesa de fútbol nun total de 18 ocasións, facendo un gol nun encontro no que Escocia vencera a Chipre por 8-0 no 1970. Tamén da súa estadía na selección nacional habería que salienta-lo feito de que era un dos xogadores que artellaba aquel cadro escocés que derrotou a Inglaterra no 1967 en Wembley por 2-3.

Coma adestrador foino do Dundee F.C. e mais do Albion Rovers.