The Jazz Singer
The Jazz Singer | |
---|---|
Cartel | |
Ficha técnica | |
Director | Alan Crosland |
Guión | Alfred A. Cohn Jack Jarmuth |
Baseado en | The Day of Atonement, de Samson Raphaelson |
Intérpretes | Al Jolson May McAvoy Warner Oland Yossele Rosenblatt |
Música | Louis Silvers |
Fotografía | Hal Mohr |
Montaxe | Harold McCord |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 6 de outubro de 1927 |
Duración | 89 minutos 96 minutos (con abertura e saída) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | 422 000 dólares |
Na rede | |
The Jazz Singer é un filme musical estadounidense de 1927. Foi a primeira longametraxe con diálogos sincronizados e o seu éxito fixo que decaese o cinema mudo. Foi dirixido por Alan Crosland e protagonizado por Al Jolson, que canta seis cancións.
Argumento
[editar | editar a fonte]O cantor xudeu Rabinowitz quere que o seu fillo continúe coa vella tradición familiar e chegue a ser tamén cantor no gueto do Lower East Side de Manhattan, pero o rapaz de trece anos, Jakie, canta música popular nunha cervexería. Moisha Yudelson cóntallo ao seu pai, que o arrastra para a casa, onde di "Voulle ensinar a degradar a voz que Deus lle deu!" e Jakie ameaza: "Se me volver azoutar, marcharei e non volverei nunca!". Trala azouta, Jakie despídese da súa nai e cumpre a súa promesa. O seu pai declara que xa non ten fillo.
Dez anos despois, Jakie, agora chamado Jack Robin actúa en cabarés, onde coñece a bailarina Mary Dale. Mentres o seu pai ensida un novo estudante de canto, Jack aparece para reconciliarse, pero só recibe berros e finalmente afirma "Algún día entenderás, igual que o fai mamá."
O día en que Jack vai debutar en Broadway, o seu pai cae enfermo e debe escoller entre o mundo do espectáculo e a súa familia e fe.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Al Jolson como Jakie Rabinowitz (Jack Robin)
- May McAvoy como Mary Dale
- Warner Oland como Cantor Rabinowitz
- Yossele Rosenblatt como el mesmo
- Eugenie Besserer como Sara Rabinowitz
- Otto Lederer como Moisha Yudelson
- Bobby Gordon como Jakie Rabinowitz con trece anos
- Richard Tucker como Harry Lee
Produción
[editar | editar a fonte]O argumento baséase no relato "The Day of Atonement", de Samson Raphaelson, que estaba á súa vez inspirado na historia real de Al Jolson, un xudeu de orixe rusa que actuaba coa cara pintada de negro que descubrira en 1917. A historia publicouse en 1922 e o propio Raphaelson adaptouna con grande éxito para o teatro co título de The Jazz Singer, con George Jessel de protagonista.
Warner Bros. comprou os dereitos para o filme en 1926. Aínda que inicialmente querían contratar a Jessel, tras fracasar as negociacións con este contrataron a Jolson por 75 000 dólares.
Ata ese momento víranse filmes con son, pero foran curtametraxes e en 1926 estreáranse dous filmes con música e efectos sonoros sincronizados, mais non con diálogos. O sistema empregado foi Vitaphone. Porén os diálogos supoñen apenas dous minutos da metraxe.
A estrea do filme tivo lugar en Nova York o 6 de outubro de 1927, coincidindo coa festa do Yom Kippur, que ten importancia no argumento do filme. As críticas foron en xeral positivas e The Jazz Singer foi ademais un éxito comercial.
A 1ª edición dos Óscar premiou filmes estreados entre agosto de 1927 e xullo de 1928. Porén, The Jazz Singer foi declarada inelixible para o Óscar ao mellor filme (dividido en dúas categoría) por considerarse que era inxusto que competise con filmes mudos. Si foi candidata ao mellor guión adaptado e aos mellores efectos de enxeñería e a Warner Bros. recibiu un premio honorífico pola produción deste filme pioneiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Block, Alex Ben; Wilson, Lucy Autrey (2010). HarperCollins, ed. George Lucas's Blockbusting: A Decade-by-Decade Survey of Timeless Movies Including Untold Secrets of Their Financial and Cultural Success. Nova York. ISBN 978-0-06-177889-6.
- Bloom, Ken (2004). Routledge/Taylor & Francis, ed. Broadway: Its History, People, and Places—An Encyclopedia. Londres. ISBN 0-415-93704-3.
- Bradley, Edwin M (2004). McFarland, ed. The Nome Hollywood Musicals: A Critical Filmography of 171 Features, 1927 Through 1932. Jefferson, NC. ISBN 0-7864-2029-4.
- Carringer, Robert L. (1979). University of Wisconsin Press, ed. The Jazz Singer. Madison, WI. ISBN 0-299-07664-4.
- Crafton, Donald (1999 [1997]). University of California Press, ed. The Talkies: American Cinema's Transition to Sound, 1926–1931. Berkeley, CA. ISBN 0-520-22128-1.
- Crisp, Colin G (1997). Indiana University Press, ed. The Classic French Cinema, 1930–1960. Bloomington, IN. ISBN 0-253-21115-8.
- Eyman, Scott (1997). Simon and Schuster, ed. The Speed of Sound: Hollywood and the Talkie Revolution, 1926–1930. Nova York. ISBN 0-684-81162-6.
- Finler, Joel W (1988). Crown, ed. The Hollywood Story. Nova York. ISBN 0-517-56576-5.
- Gabbard, Krin (1996). University of Chicago Press, ed. Jammin' at the Margins: Jazz and the American Cinema. Chicago. ISBN 0-226-27789-5.
- Gomery, Douglas (2005). Routledge/Taylor & Francis, ed. The Coming of Sound: A History. New York. ISBN 0-415-96900-X.
- Harrison-Kahan, Lori (2011). Rutgers University Press, ed. The White Negress: Literature, Minstrelsy, and the Black-Jewish Imaginary. Piscataway, NJ. ISBN 978-0-8135-4782-4.
- Jessel, George (2006) [1943]. Kessinger, ed. So Help Me: The Autobiography of George Jessel. Whitefish, MT. ISBN 1-4286-5975-7.
- Koszarski, Richard (1994 [1990]). University of California Press, ed. An Evening's Entertainment: The Age of the Silent Feature Picture, 1915–1928. Berkeley, CA. ISBN 0-520-08535-3.
- Lhamon, W. T. (1998). Harvard University Press, ed. Raising Cain: Blackface Performance from Jim Crow to Hip Hop. Cambridge, MA. ISBN 0-674-74711-9.
- Low, Rachael (1997 [1971]). Routledge/Taylor & Francis, ed. The History of the British Film 1918–1929 (The History of British Film, Volume IV). Nova York. ISBN 0-415-15649-1.
- Rees, Nigel (1999). Weidenfeld & Nicolson, ed. Brewer's Famous Quotations: 5000 Quotations and the Stories Behind Them. Londres. ISBN 0-304-36799-0.
- Rogin, Michael (1998 [1996]). University of California Press, ed. Blackface, White Noise: Jewish Immigrants in the Hollywood Melting Pot. Berkeley, CA. ISBN 0-520-21380-7.
- Schatz, Thomas (1998 [1989]). Faber and Faber, ed. The Genius of the System: Hollywood Filmmaking in the Studio Era. Londres. ISBN 0-571-19596-2.
- Siegel, David; Siegel, Susan (2007). Book Hunter Press, ed. Radio and the Jews: The Untold Story of How Radio Influenced America's Image of Jews. Yorktown Heights, NY. ISBN 9781891379086.
- Stark, Seymour (2000). Xlibris, ed. Men in Blackface: True Stories of the Minstrel Show. Bloomington, IN. ISBN 0-7388-5735-1.
- Stratton, Jon (2000). Routledge, ed. Coming Out Jewish: Constructing Ambivalent Identities. Nova York. ISBN 0-415-22207-9.
- Willis, Corin (2005). "Meaning and Value in The Jazz Singer". En Gibbs, John; Pye, Douglas. Style And Meaning: Studies In The Detailed Analysis Of Film. Manchester: Manchester University Press. ISBN 0-7190-6524-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Al Jolson Society Official Website
- Clip do filme Let's Go To The Movies (1948) cun fragmento de "My Mammy" en 2:30
- Lux Radio Theater/The Jazz Singer (1936)