Sutura (medicina)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sutura.
.
Unha sutura, coñecida popularmente como puntos de sutura, é un tipo de ligadura usada por médicos e, especialmente, os cirurxiáns, para manter unida a pel, os músculos, os vasos sanguíneos e outros tecidos do corpo humano, despois de seren seccionados por un accidente ou despois dunha operación cirúrxica.
Os puntos deben ser fortes (de forma que non rompan), non tóxicos, hipoalerxénicos (para evitar reaccións adversas no organismo) e flexíbeis (para que se poida facer un nó).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sutura |