Saltar ao contido

Stevie Chalmers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStevie Chalmers
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 2019 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
EducaciónSt. Roch's Secondary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1959–1959 Dumbarton Football Club 1(0)
1959–1971 Celtic F.C. 261(155)
1971–1973 Greenock Morton Football Club 32(8)
1973–1975 Partick Thistle F.C. 44(6)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1964–1966   Escocia 5(3)

UEFA: 37330 Editar o valor en Wikidata

Steve Chalmers, nado en Glasgow o 26 de decembro de 1936, foi un xogador de fútbol escocés. Ocupaba a demarcación de dianteiro centro e que destacou pola súa colaboración no fito máis importante do Celtic ó ser un dos integrantes daqueles Lisbon Lions que conseguiron a Copa de Europa no 1967.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Este xogador chegou a Celtic Park en febreiro de 1959 e dende aquel preciso intre vestiu a camisola do club en 406 ocasións logrando 228 goles sendo, sen lugar ás dúbidas, o máis salientable o acadado na final daquela Copa de Europa do 1967 que supuña o 2-1 prós escoceses e que sería definitivo para outorgárlle-lo cetro máis prestixioso a nivel europeo. Tamén tivo grande sona o seu hat-trick conseguido na segunda metade dun Old Firm contra os eternos rivais, o Rangers, nun 3 de xaneiro do 1966.

Xogou en 5 ocasións coa selección escocesa de fútbol, logrando 3 goles, salientando o tanto que acadou nun amigable fronte ao Brasil en 1966 que rematou en táboas (1-1) en terreo escocés.

O seu fillo Paul Chalmers tamén chegou a xogar no Celtic anos despois.