Serofobia
A serofobia é o prexuízo, medo, rexeitamento e discriminación cara a persoas seropositivas. As persoas que viven con VIH poden enfrontarse a desigualdade de trato tanto social como institucionalmente.[1] A pesar de que aínda o VIH segue sendo un virus que non ten cura, hoxe en día o tratamento permite ás persoas seropositivas non só ter unha esperanza de vida igual á das persoas non infectadas sen chegar nunca a desenvolver SIDA, senón que mantén ó virus indetectable e, por tanto, intransmisible.[2][3][4][5]
A discriminación por VIH/SIDA existe en todo o mundo e inclúe ostracismo, rexeitamento, discriminación e evitación do contacto coa persoa infectada. As consecuencias do estigma cara ás persoas que viven co VIH dá lugar, por unha banda, a unha baixa participación no asesoramento e ás probas do VIH e a falta de interese en saber se se ten o virus en persoas que descoñecen o seu estado serolóxico e, por outro, a illamento social, soidade, baixa autoestima, crise de identidade ou depresión naquelas persoas diagnosticadas con VIH.[6]
A serofobia lastra a loita contra o VIH/SIDA e pode estar interseccionada con outra serie de prexuízos asociados á pobreza, a homosexualidade, a bisexualidade, a transexualidade ou á promiscuidade.[7][8][9] Nalgúns países a discriminación institucional inclúe restricións á liberdade de circulación, ó dereito de propiedade, ó acceso ó traballo, escola, servizos sociais e mesmo vivenda.[10][11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La serofobia: un desafío social". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2019. Consultado o 04 de xullo de 2019.
- ↑ "Cómo los portadores del VIH pueden tener una expectativa de vida "casi normal" 35 años después de que se desatara la epidemia de sida". BBC. 11 de maio de 2017.
- ↑ "Los nuevos infectados por VIH en España tienen una esperanza de vida similar a la población general". Médicos y pacienties. 11 de xullo de 2017.
- ↑ "Indetectable = Intransmisible". 18 de xullo de 2018.
- ↑ "Serofobia | Amigoscontraelsida". Consultado o 2019-06-29.
- ↑ Parker, Richard; Aggleton. "HIV and AIDS-related stigma and discrimination: a conceptual framework and implications for action" 57 (1). Social Science & Medicine. ISSN 0277-9536. doi:10.1016/S0277-9536(02)00304-0.
- ↑ "Common at its core: HIV-related stigma across contexts". International Center for Research on Women. 2005.
- ↑ Herek, G.M. "Thinking about AIDS and stigma: A psychologist's perspective". Journal of Law, Medicine.
- ↑ Herek, G.M.; Capitanio; Widaman. "Stigma, social risk, and health policy: Public attitudes toward HIV surveillance policies and the social construction of illness". Health Psychology.
- ↑ "The Global Database on HIV-Specific Travel & Residence Restrictions".
- ↑ "HIV Stigma and Discrimination".
- ↑ "Índice de estigma y discriminación en personas con VIH" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2018. Consultado o 04 de xullo de 2019.