Saltar ao contido

Sancho III de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSancho III de Castela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1134 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1158 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María de Toledo Editar o valor en Wikidata
Rei Reino de Castela
21 de agosto de 1157 – 31 de agosto de 1158
← Afonso VIIAfonso VIII de Castela →
King of Artaxoa (en) Traducir
1153 – 1157
← Urraca de CastelaSancho VI de Navarra → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante, guerreiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBranca, infanta de Navarra (1151 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso VIII de Castela Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso VII Editar o valor en Wikidata  e Berenguela de Barcelona Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando II de Galiza e León
Afonso de Castela
Fernando de Castela
Garcia de Castela
Urraca de Castela
Constanza de León
Sancha de Castela, Rainha de Aragão
Estefânia Afonso de Castela
Sancha de Castela Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Castilla-101

Sancho III de Castela, tamén chamado o Desexado, nado en Toledo en 1134 e finado o 31 de agosto de 1158, foi rei de Castela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era o fillo primoxénito de Afonso VII e Berenguela de Barcelona. Ó morrer o seu pai o 21 de agosto de 1157, herdou o reino de Castela, mentres que o seu irmán, Fernando II, recibiu o reino de León. A división do reino entre os dous fillos de Afonso VII non derivou en conflito entre os irmáns debido á intervención da súa medio irmá Sancha, que intermediou para os dous respectaren os límites territoriais de cada reino.

O 30 de xaneiro de 1151 casou con Branca Garcés de Navarra, filla do rei navarro García Ramírez I e de Margarida de Aguila. Deste matrimonio naceu en 1155, o futuro rei Afonso VIII, falecendo Branca no parto.

En 1158 contribuíu á creación da orde de Calatrava cando os templarios rexeitaron manter a defensa da cidade fronteiriza de Calatrava que lles fora concedida por Afonso VI en 1147. Sancho entregou entón a tenencia e o señorío de Calatrava ó abade Raimundo de Fitero e ó cabaleiro Diego Velázquez, que fundaron a citada orde militar.

Seguindo a política do seu pai, logrou que en 1157 o rei navarro Sancho IV, e en 1158 o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV lle prestaran vasalaxe. Ese mesmo ano entrou no reino leonés do seu irmán Fernando II, pero non chegou a enfrontarse a el, xa que os dous monarcas chegaron a un acordo firmado no tratado de Sahagún o 23 de maio de 1158, polo que Sancho se comprometía a devolver as terras fronteirizas entre os reinos que conquistara, a cambio de que estas foran dadas en señoríos a nobres leoneses próximos ó rei castelán. Tamén acordaron prestarse axuda mutua fronte a terceiros, repartíronse as zonas de conquista sobre os territorios musulmáns e estableceron que se algún deles falecía sen descendencia, o reino do finado pasaría ó supervivente.

A súbita morte de Sancho deixou o tratado firmado co seu irmán sen forza algunha. Foi sucedido no trono polo seu fillo Afonso, entón menor de idade, o que orixinou unha loita polo poder en Castela entre a familia Lara e a familia Castro.

Reino de Castela

Segue a:
Afonso VII de Castela
Sancho III de Castela
Precede a:
Afonso VIII de Castela
Borgoña