Símbolo sexual
Un símbolo sexual, tamén coñecida pola denominación inglesa sex symbol, é unha persoa famosa que o público, sexa home, muller, seguidor, críticos ou fans en xeral, crea e atopa sexualmente atractiva. Aínda que este termo se usa para os persoeiros catalogados como iconas, tamén pode ser usada para persoas non famosas, estas que non son precisamente catalogadas como ídolos pero si famosas dentro dunha comunidade pequena. O termo foi usado por primeira vez ao redor de 1950 pola popularidade de certas estrelas de cine como Brigitte Bardot, Marilyn Monroe e Raquel Welch.[2]
Fontes
[editar | editar a fonte]A industria cinematográfica xogou un papel moi importante no xurdimento dos símbolos sexuais diseminando imaxes de xente considerada bela por todo o mundo, especialmente na época do cine mudo, cando non existían barreiras idiomáticas. Un dos primeiros símbolos sexuais foi a actriz danesa Asta Nielsen nas décadas dos anos 1910 e anos 1920. Desde os seus inicios Hollywood contribuíu con numerosos símbolos sexuais masculinos pero sobre todo femininos: Marilyn Monroe, Greta Garbo, Raquel Welch, Ursula Andress, Claudia Cardinale, Jean Harlow, Clark Gable, Ava Gardner, Rita Hayworth, Grace Kelly, Marlon Brando, Elvis Presley, Farrah Fawcett, Brigitte Bardot, Alain Delon, James Dean, Robert Redford, Paul Newman.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Death of Marilyn Monroe". BBC. 4 de agosto de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ Anne H. Soukhanov; Stuart Berg Flexner (1997). Speaking freely: a guided tour of American English from Plymouth Rock to Silicon Valley (en inglés). Oxford University Press. p. 373. isbn 0-19-510692-X. Consultado o 29 de outubro de 2015.