Saltar ao contido

Richard Dreyfuss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Dreyfuss

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Richard Stephen Dreyfuss Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Brooklyn (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEncinitas Editar o valor en Wikidata
EducaciónHigh School de Beverly Hills (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura165 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, novelista, actor de televisión, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeJeramie Rain (1983–1995) Editar o valor en Wikidata
FillosHarry Dreyfuss, Emily Dreyfuss, Ben Dreyfuss Editar o valor en Wikidata
IrmánsLorin Dreyfuss Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000377 Allocine: 2715 Rottentomatoes: celebrity/richarddreyfuss Allmovie: p88268 129814 TV.com: people/richard-dreyfuss IBDB: 38537
Twitter: richarddreyfuss BNE: XX1295388 Musicbrainz: 80b7f09b-b643-465b-8af8-95b4317de1e5 Discogs: 1205533 WikiTree: Dreyfus-44 Editar o valor en Wikidata

Richard Dreyfuss, nado en Brooklyn, Nova York o 29 de outubro de 1947, é un actor estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun avogado, os primeiros anos da súa vida transcorreron en Nova York, ata que, á idade de nove anos, trasladouse coa súa familia aos Ánxeles (California), onde comezou a súa carreira como actor. Participaba en obras teatrais no centro xudeu de Beverly Hills. Aos 15 anos de idade foi seleccionado para actuar en televisión. Matriculouse na universidade, pero ao ano foi chamado a filas para ir á guerra de Vietnam. Declarouse obxector de conciencia e absolveu un servizo alternativo como auxiliar nun hospital. Ao mesmo tempo interveu en pequenos papeis de series de televisión. Durante os anos seguintes actuou en varios teatros de Nova York, tanto en Broadway, como noutros teatros.

A primeira participación de Dreyfuss nunha película de cine foi moi curta, no graduado, na que tivo que dicir unha soa frase. Pouco despois interveu en Dillinger e,sobre todo, en American Graffiti, en 1973, película que tivo un considerable éxito, e na que participou tamén Harrison Ford.

O seu primeiro papel protagonista tívoo Dreyfuss nun filme canadense, e despois xa foi contratado por Steven Spielberg para Tiburón, película coa que Dreyfuss deuse a coñecer ás grandes audiencias. Dous anos despois Spielberg contou con el de novo para Encontros na terceira fase, que tivo un éxito comparable á anterior. A partir de entón a carreira de Dreyfuss seguiu unha traxectoria ascendente. En 1977 interpretou The Goodbye Girl, película pola que gañou un Oscar ó mellor actor. Foi o actor máis novo en recibir este galardón na historia dos Oscar.

Durante os seguintes anos, Dreyfuss interveu en varias películas, pero ningunha delas tivo un éxito significativo de portelo. Isto contribuíu posiblemente a que tomase drogas en doses crecentes, ata que sufriu un accidente de coche. A raíz diso ingresou nun centro de desintoxicación e conseguiu librarse das drogas. Volveu entón ao cine e actuou en varias películas, nas que demostrou que seguía sendo o mesmo gran actor. Desde entón foi aparecendo de forma regular non só no cine, senón tamén en televisión e no teatro, e é considerado como un dos actores máis sólidos e apreciados do momento actual.

Dreyfuss estivo casado por primeira vez entre 1983 e 1995, de cuxo matrimonio ten tres fillos. En 1999 casou por segunda vez.

Dreyfuss padece de trastorno bipolar. En 2006, apareceu no documental de Stephen Fry, Stephen Fry: The Secret Life of the Manic Depressive, onde Fry (quen tamén padece desta desorde) entrevistouno en relación á súa vida coa enfermidade.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Película Resultado
1995 Oscar ó mellor actor Profesor Holland Candidato
1977 Oscar ó mellor actor A chica do adeus Gañador
Ano Categoría Película Resultado
1995 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Profesor Holland Candidato
1987 Globo de Ouro ó mellor actor secundario Loca Candidato
1977 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical A chica do adeus Gañador
1973 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical American Graffiti Candidato

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]