Rexión Norte do Brasil
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Brasil | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 17.354.884 (2022) (4,5 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.853.327,2 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
A Rexión Norte é unha das cinco rexións brasileiras, sendo a máis extensa delas, cunha área de 3.869.637 km², que corresponde o 42,27% do territorio brasileiro. Segundo o IBGE do 2010 tiña 15.865.678 habitantes, o que dá 3,77 hab./km². Formada por sete estados: Acre, Amapá, Amazonas, Pará, Rondônia, Roraima e Tocantins; a Rexión Norte está localizada na rexión xeoeconómica da Amazonía, entre o Macizo das Guianas (ao norte), o planalto Central (ao sur), a Cordilleira dos Andes (a oeste) e o océano Atlántico (a nordeste). Nesta rexión atópanse o maior e o segundo maior estado do Brasil, respectivamente Amazonas e Pará, e tamén os tres maiores municipios do Brasil por área territorial, Altamira, Barcelos e São Gabriel da Cachoeira, posúen cada un máis de 100.000 km². Na Rexión Norte localízase un importante ecosistema para o planeta: a Amazonia.
Na rexión predomina o clima ecuatorial con excepción do norte do Pará, do sur do Amazonas e de Rondônia, onde o clima é tropical. A latitude e o relevo explican a temperatura; a temperatura e os ventos explican a humidade e o volume dos ríos; e o clima e a humidade, somados, son responsables da existencia da máis extensa, variada e densa selva do planeta, ou sexa, a selva amazónica ou Hileia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rexión Norte do Brasil |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |