Saltar ao contido

Relación de aspecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comparación das tres relacións de aspecto máis comúns. A azul (2,39:1) e a verde (1,85:1) son as máis empregadas para o cinema. Por outra banda, o recadro vermello é 4:3, que vén sendo a relación máis habitual para o formato televisivo, malia que desde hai un tempo colle forza a emisión de programas en formato «panorámico» (16:9).
5 relacións de aspecto comúns
4:3
3:2
16:9
1.85:1
2.39:1

A Relación de aspecto (tradución directa do inglés aspect ratio) dunha imaxe é a proporción entre a largura e a altura e calcúlase dividindo a primeira pola segunda, considerando esta última como a imaxe visíbel na pantalla. Polo xeral, exprésase como «X:Y».

Así, por exemplo, a relación de aspecto dunha pantalla de televisión tradicional é de 4:3, que tamén se pode expresar como 1,33:1, ou ben o formato panorámico dos 16:9 (ou 1,77:1). Ao respecto da fotografía, en troques, as proporcións máis usuais son 4:3 e 3:2 aínda que pode haber 5:4, 7:5 e 1:1 (cadrado perfecto).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]