Rafael Mariño Vilela
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 18 de febreiro de 1983 Ordes, España |
Alcalde de Ordes | |
novembro de 1942 – ← Arturo Pérez Loureiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , comerciante |
Lingua | Lingua galega |
Rafael Mariño Vilela, finado en Ordes o 18 de febreiro de 1983[1], foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante de Ordes. Falanxista, foi xefe da Falange de Ordes.[2] Amigo íntimo de Diego Salas Pombo. Foi nomeado alcalde de Ordes en novembro de 1942. Foi detido, acusado de manter unha reunión con guerrilleiros antifranquistas, o que lle custou a alcaldía e unha tempada no cárcere da Coruña. Morreu en Ordes con 73 anos.
Predecesor: Arturo Pérez Loureiro |
Alcalde de Ordes 1942 - ? |
Sucesor: Jenaro González González |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Franqueira Regos e tivo dous fillos: Rafael Mariño Franqueira e María del Carmen de la Soledad Mariño Franqueira. Tivo unha única neta, filla da súa filla María del Carmen e unha bisneta, a escritora feminista Miriam Couceiro Castro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-2-1983, p. 45.
- ↑ El Compostelano, 30-11-1938, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos Gómez, Manuel (2017). "Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios". En Sermos Galiza. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron. Santiago de Compostela. p. 139. ISBN 978-84-697-4726-1.