Saltar ao contido

Pusarrumas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pusarrumas (Pu-Šarrumaš) foi rei de Kanesh e de Hattusa e, se cadra, de Kushara, fillo de Tudhaliyas. O nome parece hurrita. Foi pai de Papahdilmah.

Foi probabelmente sogro de Labarnas I, ao que designou sucesor na cidade de Sanahwitta (Šanawitta) despois de que os fillos se volvesen contra o pai. Un dos fillos, Papahdilmah (o único coñecido), conservaba influencia entre os servidores reais e os principais funcionarios e crese que logrou ser rei.