Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.
|
|
|
Artigo destacado - Избранная Статья
editar
A execución da familia imperial rusa, pertencente á dinastía Romanov, tivo lugar en Ekaterimburgo a noite entre o 16 e 17 de xullo de 1918. O tsar Nicolao II, a súa esposa a tsarina Alexandra e os seus cinco fillos ( Olga, Tatiana, María, Anastasia e Aleksei) foron fusilados xunto a un grupo de axudantes que decidiron acompañalos no seu exilio, entre os que destacan Eugene Botkin, Anna Demidova, Aleksei Trupp e Ivan Kharitonov. O fusilamento foi executado por un grupo de bolxeviques dirixidos por Iakov Iurovski baixo as ordes do Soviet Rexional dos Urais.
O lugar no que se agocharon os corpos foi descuberto en 1979 polo detective Aleksandr Avdonin, pero o achado dos restos non se publicou ata 1989, durante o período do glasnost...
Imaxe destacada - Избранные фото
Sabías que...? - Знаете ли вы, что...?
Biografía destacada - Избранная Персоналии
Símbolos históricos - Исторические символы
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (16)
- Historia: Goberno Provisional Ruso, Golpe de Estado de Kornilov, Negociacións Vikzhel, Xornadas de Xullo, Revolución de Febreiro, Revolución de Outubro, Estrea da Sinfonía n.º 7 de Shostakovich en Leningrado
- Personalidades: Georgii Chicherin, Aleksandr Kolchak, Nadezhda Krupskaia, Lenin, Sergei Prokofev, Nikolai Rimskii-Korsakov, Edgar de Wahl, Vera Zasulich
- Outros: Laika
Artigos bos (6)
Categorías - Категории
editar
Queres atopar artigos relacionados con Rusia? Proba buscando nas seguintes categorías:
Proxectos relacionados
Portais relacionados
editar
Países de Europa
Países de Asia
Proxectos irmáns
|
|
|