Poboación mundial
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.[4][5]
A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.[2][6]
As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.[7]
É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Contador de poboación/Reloxo de poboación
[editar | editar a fonte]Un reloxo de MDB poboación é un contador que recolle o aumento ou descenso da poboación nun territorio. Algúns contadores da poboación mundial son os seguintes:
- Reloxo de poboación mundial - U.S. Census Bureau
- Reloxo de poboación mundial -World Clock
- Contador de poboación - IES San Roque (Badaxoz)
- Estatísticas Mundiais en tempo real
Poboación por continente
[editar | editar a fonte]Continente | Densidade(habitantes/km²)
|
Poboación(2014)
|
País máis poboado | Cidade máis poboada |
---|---|---|---|---|
Asia | 86,7 | 4.511.192.991 | China (1.370.793.000) | Tokio (41.102.291) |
África | 32,7 | 1.115.594.100 | Nixeria (185.043.000) | O Cairo (20.211.190) |
Europa | 70 | 780.192.000 | Rusia (144.031.000 110 millóns en Europa) | Moscova (15.100.000) |
América | 23,5 | 1.040.000.000 | Estados Unidos (321.278.000) | México (22.500.000) |
Oceanía | 4,25 | 38.889.988 | Australia (23.862.000) | Sydney (6.104.401) |
Antártida | 0,0003(varía)
|
4.490(non permanente, varía) |
N/A[9] | N/A |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Población mundial, contador
- ↑ 2,0 2,1 Contador de población mundial, en el sitio web PopulationMatters.
- ↑ Qué número de habitante eres en el sitio web PopulationAction.org
- ↑ Roland Pressat: Introducción a la demografía (páx. 187).
- ↑ Julio Pérez Díaz: «El envejecimiento de la población española», artículo en Investigación y Ciencia, 410, páxs. 34-42, novembro de 2010.
- ↑ "Población mundial, contador". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 06 de maio de 2016.
- ↑ Cuántos bebés nacen cada día en el mundo datos de 2008 de la División de Población del Departamento de Asuntos Sociales y Económicos de la Secretaría de las Naciones Unidas.
- ↑ Antarctica Arquivado 25 de decembro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ The Antarctic Treaty System limits the nature of national claims in Antarctica.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|