Saltar ao contido

Pastora Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPastora Vega

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeImanol Arias Editar o valor en Wikidata
ParellaImanol Arias (1984–2009) Editar o valor en Wikidata
FillosJon Arias
 () Imanol Arias Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0891892 BNE: XX1265937 Editar o valor en Wikidata

Pastora Vega Aparicio, nada en Madrid o 28 de maio de 1960, é unha actriz española.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Bisneta da bailaora Pastora Imperio e do toureiro Rafael Vega dos Reyes "Gitanillo de Triana", é licenciada en Dereito.

Os seus comezos no mundo do espectáculo foron da man de Ignacio Salas e Guillermo Summers, colaborando na presentación do programa de televisión Y sin embargo, te quiero.

Debuta como actriz en 1985 na serie de televisión Los pazos de Ulloa, que dirixe Gonzalo Suárez e protagonizan Vitoria Abril e Charo López.

Posteriormente intervén en Amanece, que no es poco, Demasiado corazón -pola que é candidata ao Premio Goya- e Ilona llega con la lluvia, entre outras. A súa carreira televisiva resulta máis frutífera.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo unida sentimentalmente ao actor Imanol Arias, co que traballou nas películas El Lute II: mañana seré libre e Todos los hombres sois iguales, ademais de protagonizar Un asunto privado, a súa única incursión na dirección. Tamén tivo un papel esporádico na serie de TVE Cuéntame cómo pasó. Teñen dous fillos e conviviron ata 2009. Únese posteriormente ao tamén actor Juan Ribó.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Película Director
2002 El chevrolé Leonardo Ricagni
1998 La sonámbula Fernando Spiner
1998 Un crisantemo estalla en cinco esquinas Daniel Burman
1997 Tangier Cop Stephen Whittaker
1996 Ilona llega con la lluvia Sergio Cabrera
1996 Un asunto privado Imanol Arias
1996 Olé Olá José María Aguayo
1994 Casas de fuego Juan Bautista Stagnaro
1994 Todos los hombres sois iguales Manuel Gómez Pereira
1992 Demasiado corazón Eduardo Campoy
1990 La otra historia de Rosendo Juárez Gerardo Vera
1989 Amanece, que no es poco José Luis Cuerda
1988 El Lute II: mañana seré libre Vicente Aranda
1986 El sueño de Tánger Ricardo Franco
1986 Iniciativa privada Antonio A. Farré

Televisión

[editar | editar a fonte]

Candidaturas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]