Parodia
Aparencia
No seu uso contemporáneo, unha parodia é unha obra satírica que imita a outra obra de arte co fin de ridiculizala.
A parodia existe en tódolos medios, incluíndo literatura, música e cine. Os movementos culturais poden ser así mesmo parodiados.
Orixe occidental
[editar | editar a fonte]Na antiga literatura grega, unha parodia era un tipo de poema que imitaba o estilo doutro poema. As raíces gregas da palabra parodia lévannos ao significado de "Poema irrespectuoso".
Os autores romanos definiron a parodia como a imitación dun poeta por outro con cariz humorístico. Do mesmo xeito, na literatura francesa neoclásica, unha parodia era un tipo de poema onde o estilo dunha obra é imitado por outra con fins humorísticos.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Exemplos históricos
[editar | editar a fonte]- Sir Thopas en Contos de Cantérbury, por Geoffrey Chaucer
- Don Quixote por Miguel de Cervantes
- Beware of the Cat por Thomas Nashe
- The Knight of the Burning Pestle por Francis Beaumont e John Fletcher
- Dragon of Wantley, balada anónima do século XVII
- Hudibras por Samuel Butler
- "MacFlecknoe", por John Dryden
- A Tale of a Tub por Jonathan Swift
- The Rape of the Lock por Alexander Pope
- Namby Pamby por Henry Carey
- As Viaxes de Gulliver por Jonathan Swift
- The Dunciad por Alexander Pope
- The Memoirs of Martinus Scribblerus por John Gay, Alexander Pope, John Arbuthnot, Earl of Oxford, et al.
- Rasselas, Prince of Persia por Samuel Johnson
- A Musical Joke por Mozart (Ein musikalischer Spaß), K.522 (1787) - parodia de contemporáneos incompetentes de mozart, segundo algúns teóricos.
- Sartor Resartus por Thomas Carlysle