Saltar ao contido

Nebulosa do Cangrexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nebulosa do Cangrexo
Nebulosa do Cangrexo
Datos para a observación
Época= X2000.0
Tipo de obxecto Resto de supernova
Ascensión recta 5h 34m 31,97s[1]
Declinación +22° 00′ 52,1″[1]
Distancia 6.300 anos luz (1.930 pc[2])
Magnitude aparente +8,4[3]
Constelación Taurus
Características físicas
Radio 3 anos luz
Magnitude absoluta -3,2[3]
Outras designacións M1,[1] NGC 1952[1]

A nebulosa do Cangrexo (tamén coñecida como M1, NGC 1952, Taurus A e Taurus X-1) é un resto de supernova resultante da explosión dunha supernova en 1054 (SN 1054), recollida por astrónomos chineses e xaponeses.[4] Os datos, recollidos no 1921 por Carlo Otto Lampland permitironlle a identificación da nevbulosa como restos da supernova.[5] Situada a unha distancia de aproximadamente 6300 anos luz (1930 pc[2]) da Terra, na constelación de Taurus, a nebulosa ten un diámetro de seis anos luz (1,84 pc) e a súa velocidade de expansión é de 1500 km/s.

O centro da nebulosa contén un púlsar, denominado PSR0531+121, que xira sobre el mesmo a trinta revolucións por segundo, emitindo tamén pulsos de radiación que van dende os raios gamma nas ondas de radio. O descubrimento da nebulosa foi a primeira evidencia que indica que as explosións de supernova producen púlsares.

No hemisferio sur tamén hai unha Nebulosa do Cangrexo.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "SIMBAD Astronomical Database". Resultados para NGC 1952. Consultado o 25 de decembro de 2006. 
  2. 2,0 2,1 Virginia Trimble: The Distance to the Crab Nebula and NP 0532, Publications of the Astronomical Society of the Pacific, vol. 85, núm. 507, páx.579. outubro de 1973.
  3. 3,0 3,1 Nebulosa del Cranc Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en SEDS.org Arquivado 04 de setembro de 2011 en Wayback Machine. ( traducido en castelán Arquivado 18 de marzo de 2007 en Wayback Machine.. (en inglés)'(en castelán)
  4. "Giant mosaic of the Crab Nebula made of Hubble images". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-18. 
  5. Fore, Meredith. "With open data, scientists share their work". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]