Saltar ao contido

Neonato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neonato ao momento de nacer.

Un neonato (do latín neo nato) ou bebé acabado de nacer[1] é un bebé que ten 28 días ou menos dende o seu nacemento, ben sexa por parto ou por cesárea.[2][3] A definición deste período é importante porque aínda que representa unha etapa moi curta da vida, nela acontecen cambios poden derivar en consecuencias importantes para o resto da súa vida. O termo axústase a nados pretermo, a termo o postermo.

Durante os primeiros 40 días de vida, pódense descubrir a maioría dos defectos conxénitos e xenéticos. Non todas as anomalías xenéticas se manifestan no momento do nacemento, pero co manexo axeitado, pódense detectar, previr e tratar gran parte das doenzas do ser humano.

Un bebé acabado de nacer pode presentar aspectos moi diferentes atendendo a numerosos factores propios, da súa nai ou do período de xestación. Por outra parte, existen numerosos fenómenos transitorios, derivadors da adaptación do neonato ao novo contorno no que se desenvolve. Este feito está acompañado dunha serie de cambios, a maioría predecíbeis, que estabelecen a norma do desenvolvemento e crecemento infantil.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neonato.
  2. Medline Plus. Consultado o 14 de setembro de 2007.
  3. ""Neonate"". Merriam-Webster online dictionary. Merriam-Webster. Consultado o 27 de marzo de 2007.