Núcula
Núcula (do latín nucula diminutivo de noz nux) ou clusa é un froito seco indehiscente —que non se abre de súpeto ao chegar—. Xeralmente unilocular e monospermo —contén unha única semente—, aínda que tamén pode ser polispermo e se orixinar dun ovario dotado de varios carpelos dos que só madura un, e procedente da división lonxitudinal da folla carpelar dun xineceo sincárpico en dúas ou máis partes. Son clusas os aquenios das labiadas e boraxináceas e tamén a landra (froito de carballos, sobreiras e aciñeiras) ou a abelá (froito da abeleira).[1][2]
Porén tamén se chama núcula ou nuculanio a unha drupa pluricarpelar con epicarpo e mesocarpo carnosos, zumarentos, coriáceos ou, incluso, fibrosos e co endocarpo lígneo e endurecido, cunha ou máis sementes.[3] Segundo esta interpretación de nuculanio, os tipos de froito pomo (mazá) ou a noz da nogueira inclúense no tipo núcula. Os froitos dos xéneros Rhamnus (sanguiños) e Cornus (sangomiños) son exemplos de nuculanios.
Núcula tamén é cada óso miúdo do nuculanio e sinónimo anticuado de oogonio nas carofíceas.
O figo (Ficus carica) é un sicono cuxas carabuñas, semellantes a sementes, son en realidade cada unha delas unha núcula.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Font Quer, P. (1982). Diccionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. A. 84-335-5804-8.
- ↑ Polunin, O. (1991). Guía de campo de las flores de Europa. 4ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. p. 796. ISBN 84-282-0378-4.
- ↑ Alcaraz Ariza, F.; et al. (2002). Flora básica de la Región de Murcia. Sociedad Cooperativa de Enseñanza "Severo Ochoa". ISBN 54-600-9378-6.